jueves. 23.01.2020 |
El tiempo
jueves. 23.01.2020
El tiempo

FÚTBOL 11

Venceu en Loñoá á UD Ourense (0-1)

As adversas condicións meteorolóxicas da pasada fin de semana obrigaron á suspensiòn o sábado dos partidos programados en toda Galicia, que afectaron á práctica totalidade dos nosos representantes do Fútbol 11 agás o Cadete B.

Os pabellonistas afrontaron no campo de A Carabina en Loñoá un partido de rivalidade coa UD Ourense do que sairon vitoriosos (0-1). Un gol de Raúl aos quince minutos da segunda metade dun competido choque, acabaría sendo decisivo para que os nosos sumasen os tres puntos corrobarando o bó momento do equipo, que suma oito vitorias nas últimas nove confrontacións.

O Pabellón B está situado na terceira praza do Grupo Sur e aínda que ten un partido máis que os seus inmediatos perseguidores, conta con cinco puntos de vantaxe sobre o seguinte clasificado. Ver táboa.

Venceu en Loñoá á UD Ourense (0-1)