2-1 | O Sénior ca ante a remontada do rival
SÁBADO 07/02/2026 (18:45) Campo: FERNÁNDEZ CARRERA (125)
PIÑEIRA SECA FC: 2 – PABELLÓN CF: 1 (0-1)
Derrota do Sénior no enfrontamento da xornada 21ª da Segunda Futgal, nun partido que comezaron gañando co tanto de Sergio aos once minutos. Durante a primeira metade os pabellonistras aguantaron ben o ímpetu do cadro local na búsqueda da meta defendida por Changui.
No segundo tempo os locatarios daríanlle a volta ao marcador cun dobrete de Rivero. O primeiro aos dez minutos e o segundo a falta de vinte. Co resultado en contra os de Toño Sanmartín lanzáronse a búsqueda do empate pero o marcador non se movería máis.
Depois deste resultado adverso os branquiverdes quedan con 31 puntos e na próxima xornada reciben ao Cenlle no Miguel Ángel.
FICHA TÉCNICA
Piñeira Seca FC: Javier, Manuel, Bernal, Bolaño, Osama, Rivero (Iván, m.90), José Ángel, Kevin, Adrián, Diego (Pablo, m.25) e Américo.
Pabellón CF: Changui, Rober, Luis, Pede, Mario, Sergio, Noli (Óscar, m.46), Raúl, Numan, Jhonny Nóvoa (Xoel, m.80) e Moure (Guzmán, m.80).
Árbitro: Adrián Martínez Peña (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a José Ángel (m.11), Bernal (m.19), Kevin (m.36) e Rivero (m.41) e nos visitantes a Jhonny Nóvoa (m.50) e Sergio (m.75).
Goles: 0-1, m.11: Sergio. 1-1, m.55: Rivero. 2-1, m.70: Rivero.