SEGUNDA FUTGAL

0-1 | O Sénior caeu co líder dando batalla

DOMINGO 01/02/2026 (16:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)

PABELLÓN CF: 0 – RAYO 21 CF: 1 (0-1)

O Sénior caeu pola mínima (0-1) ante o Rayo 21 na 20ª xornada da Segunda Futgal, nun encontro no que os de Toño Sanmartín plantaron batalla ao líder invicto, pero no que un gol madrugador acabou marcando a diferenza.

O tanto visitante chegou apenas aos cinco minutos de xogo, nun inicio que obrigou aos locais a remar a contracorrente desde moi cedo. Co paso dos minutos, o cadro pabellonista asentouse sobre o terreo de xogo e buscou a igualada con insistencia.

A acción máis protestada da primeira metade foi un posible penalti sobre Numan, moi reclamado pola bancada, que o colexiado decidiu non sinalar. Esta fase do partido consumiuse sen grandes ocasións en ningunha das dúas áreas.

Os branquiverdes quedan con 31 puntos ubicados na oitava praza
Os branquiverdes quedan con 31 puntos ubicados na oitava praza

Na segunda metade, o Pabellón deu un paso adiante e tentou someter ao líder, que amosou por que encabeza a clasificación defendéndose con orde e oficio. Un remate de Sergio e outro de Numan estiveron moi preto de supoñer o empate, pero a falta de acerto e a solidez visitante impediron a igualada.

Nos compases finais chegou a nota negativa da tarde: a lesión de Miguel Ángel, que acababa de entrar no terreo de xogo e tivo que ser trasladado a un centro médico por un problema nun xeonllo. Un desenlace agridoce para un Pabellón competitivo que puxo en dificultades ao líder, pero que quedou sen premio.

Con este resultado adverso o equipo queda con 31 puntos e na próxima xornada visita ao Piñeira Seca, cuarto clasificado con 38 puntos.

Os capitáns de ambos, Sergio (Pabellón) e Marcos (Rayo 21) equipos co colexiado González Rey
Os capitáns de ambos, Sergio (Pabellón) e Marcos (Rayo 21) equipos co colexiado González Rey

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Rober, Pede, Luis (Miguel Ángel, m.70), Aldán, Sergio, Noli, Raúl (Óscar, m.70), Numan, Moure e Jhonny Nóvoa (Mario, m.55).

Rayo 21 CF: Alberto, Javier, Sergio (Rubén, m.46), Mosquera, Guillermo (Paulo, m.89), Juan Carlos, Alejandro, Litos (Páramo, m.78), Marcos, Gustavo (Unai, m.58) e Boan.

Árbitro: Adrián González Rey (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Aldán (m.20), Rober (m.40), Sergio (m.55), Noli (m.62), Luis (m.62) e Moure (m.90)

Goles: 0-1, m.5: Litos.