0-1 | O Sénior caeu co líder dando batalla
DOMINGO 01/02/2026 (16:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)
PABELLÓN CF: 0 – RAYO 21 CF: 1 (0-1)
O Sénior caeu pola mínima (0-1) ante o Rayo 21 na 20ª xornada da Segunda Futgal, nun encontro no que os de Toño Sanmartín plantaron batalla ao líder invicto, pero no que un gol madrugador acabou marcando a diferenza.
O tanto visitante chegou apenas aos cinco minutos de xogo, nun inicio que obrigou aos locais a remar a contracorrente desde moi cedo. Co paso dos minutos, o cadro pabellonista asentouse sobre o terreo de xogo e buscou a igualada con insistencia.
A acción máis protestada da primeira metade foi un posible penalti sobre Numan, moi reclamado pola bancada, que o colexiado decidiu non sinalar. Esta fase do partido consumiuse sen grandes ocasións en ningunha das dúas áreas.
Na segunda metade, o Pabellón deu un paso adiante e tentou someter ao líder, que amosou por que encabeza a clasificación defendéndose con orde e oficio. Un remate de Sergio e outro de Numan estiveron moi preto de supoñer o empate, pero a falta de acerto e a solidez visitante impediron a igualada.
Nos compases finais chegou a nota negativa da tarde: a lesión de Miguel Ángel, que acababa de entrar no terreo de xogo e tivo que ser trasladado a un centro médico por un problema nun xeonllo. Un desenlace agridoce para un Pabellón competitivo que puxo en dificultades ao líder, pero que quedou sen premio.
Con este resultado adverso o equipo queda con 31 puntos e na próxima xornada visita ao Piñeira Seca, cuarto clasificado con 38 puntos.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Anxo, Rober, Pede, Luis (Miguel Ángel, m.70), Aldán, Sergio, Noli, Raúl (Óscar, m.70), Numan, Moure e Jhonny Nóvoa (Mario, m.55).
Rayo 21 CF: Alberto, Javier, Sergio (Rubén, m.46), Mosquera, Guillermo (Paulo, m.89), Juan Carlos, Alejandro, Litos (Páramo, m.78), Marcos, Gustavo (Unai, m.58) e Boan.
Árbitro: Adrián González Rey (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Aldán (m.20), Rober (m.40), Sergio (m.55), Noli (m.62), Luis (m.62) e Moure (m.90)
Goles: 0-1, m.5: Litos.