SEGUNDA FUTGAL

3-3 | Empate do Senior tras dilapidar tres goles

DOMINGO 26/10/2025 (17:00)  Campo: A LOMBA-SUMI CORTÉS (100)

CORTEGADA CF : 3 – PABELLÓN CF : 3 (0-1)

O Pabellón sumou un punto amargo no campo do Cortegada despois de dilapidar unha vantaxe de tres goles no choque da oitava xornada da Segunda Futgal. Este marcador deixa ao equipo con 13 puntos tras unha serie de catro xornadas sen perder.

A primeira parte finalizou con vantaxe mínima dos pabellonistas grazas a un tanto de Luis. No comezo da segunda metade as cousas puxéronse moi ben xa que en apenas cinco minutos chegarían dúas novas dianas por medio de Numan e Noli.

Cun 0-3 no marcador parecía que o partido estaba encarrilado, pero ao final non foi así. Os locatarios reviviron con primeiro gol de Luis e catro minutos máis tarde meteríanse de cheo no partido co 2-3 obra de Diego.

A partir de ahí o partido aumentou en intensidade e tensión, amosando o colexiado un total de doce cartulinas amarelas, duas delas para expulsar o adestrador visitante.

No desconto un penalti moi protestado polos pabellonistas anotado por Óscar acabaría sendo o definitivo 3-3. Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao Paderne.

O equipo acumula catro xornadas sen perder sumando 13 puntos
O equipo acumula catro xornadas sen perder sumando 13 puntos

FICHA TÉCNICA

Cortegada CF: Ricardo, Gabriel, Fernando (Óscar, m.56), Pablo, Diego, Sotelo, Marcos, Luis (Martín, m.72), Adrián (Ángel, m.72), Jorge e Aldo.

Pabellón CF: Nacho, Rober, Pede, Luis, Mario (Óscar, m.85), Sergio, Noli, Aldan (Iker Sabían, m.46), Numan, Bruno (Enrique, m.85) e Jhonny Nóvoa (Cacha, m.66).

Árbitro: Juan Ramón Dapía Francisco (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Pablo (m.49), Marcos (m.73), Ángel (m.77), Óscar (m.83), Gabriel (m.90), Aldo (m.90) e Diego (m.90) e nos visitantes a Roberto (m.71), Cacha (m.90) e Iker Sabín (m.90).

Goles: 0-1, m.29: Luis. 0-2, m.48: Numan.0-3, m.50: Noli. 1-3, m.65: Luis. 2-3, m.69: Diego. 3-3, m.90: Óscar, de penalti.