COPA DEPUTACIÓN SENIOR

2-3 | O Senior remonta dous goles e segue adiante

DOMINGO 31/08/2025 (18:30)  Campo: VISTA HERMOSA (100)

SCD PADERNE : 2 – PABELLÓN CF : 3 (2-0)

O conxunto pabellonista conseguiu a clasificación para a seguinte eliminatoria da Copa Deputación, despois de remontar un marcador adverso de dous goles cos que se marcharía o Paderne ao descanso.

Os de Toño Sanmartín comezaron ben o partido controlando a situación, pero no primeiro disparo á portería dos locatarios chegaría o primeiro tanto aos vinte minutos. Moure tivo nas súas botas o empate, pero o seu disparo foise alto.

A partir desa acción as cousas puxéronse mal para os branquiverdes, que se viron obrigados a realizar dous trocos polas lesiones, primeiro de Ron e despois de Pede. A maiores, no desconto o Paderne ampliaría a vantaxe cunha nova diana para colocar un preocupante 2-0.

Rubén disputa un balón aéreo co local Xurxo

Segundo tempo

No intervalo houbo dous novos trocos nos pabellonistas por lesións. Rubén e Keyner, que había entrado por Ron, non sairon ao terreo de xogo tamén lesionados. 

O obxectivo era claro, anotar un gol o máis rápido posible para meterse no partido. Tras un par de chegadas ao área local, Numan situaría un esperanzador 2-1 con moitos minutos por diante. Ese gol deulle moitos folgos ao equipo e a insistencia tivo premio dous minutos despois co empate nun disparo raso de Moure dende fóra do área: 2-2.

Con partido novo pero con sensacións diferentes no terreo de xogo cun Pabellón crecido, un gol de cabeza de Guzmán acabaría certificando a remontada e o pase á seguinte eliminatoria despois dunha longa prolongación.

O próximo domingo os branquiverdes inician a andadura pola Segunda Futgal coa primeira cita ligueira no campo do CD Rocas.

Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido

FICHA TÉCNICA

SCD Paderne: Brais (Martín, m.80), Xurxo, Jorge, Roberto (Julio, m.46), Rubio, Javier (Villarino, m.80), Diego, Yago, Mario (Dani, m.65), Rubén e Aitor (Ignacio, m.70). 

Pabellón CF: Anxo, Ron (Keyner, m.22) (Óscar, m.46), Luis, Pede (Numan, m.28), Mario (Mejuto, m.81), Sergio, Rubén (Cacha, m.46), Aldán, Xoel, Guzmán e Moure.

Árbitro: Noel Rodríguez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Mario (m.53), Javier (m.58), Xurxo (m.75) e Rubén (m.83) nos locais e a Numan, (m.39), Moure (m.45), Cacha (m.76) e Mejuto (m.84) nos visitantes que tamén sufriron a expulsión do meta suplente Nacho (m.90). O técnico pabellonista Toño Sanmartín tamén foi amonestado (m.53).

Goles: 1-0, m.20: Rubén. 2-0, m.45+2: Aitor. 2-1, m.65: Numan. 2-2, m.67: Bruno. 2-3, m.80: Guzmán.