TERCEIRA FUTGAL

1-2 | O Senior gaña e xogará a promoción

DOMINGO 04/05/2025 (17:00)  Campo: VILLOIRA (100)

CD BARCO "B" : 1 – PABELLÓN CF : 2 (1-2)

O Pabellón clasificouse para disputar a promoción de ascenso á Segunda Futgal, despois de gañar a domicilio ao Barco "B" no partido da última xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal.

Con esta vitoria os branquiverdes sumaron 48 puntos ocupando a terceira praza igualados co Atlético Trelle, ao que superaron no coeficiente particular.

O marcador final xa figuraba ao descanso do partido. Os valdeorreses tomaron vantaxe aos dez minutos co tanto de Braian, pero ao fio da media hora Rubén empataba e a cinco para o remate do primeiro tempo Aldán anotaba o segundo.

Aldán anotou o segundo gol dos pabellonistas a escasos minutos do descanso

Na segunda metade os pabellonistas souberon administrar a pequena renda e según foron pasando os minutos a emoción foi en aumento dado que un tanto local deixaba fóra da promoción aos de Toño Sanmartín. Por fortuna, nada cambiaría e o asubío final da colexiada certificaba o triunfo branquiverde.

Agora deberán afrontar a primeira eliminatoria para intentar o salto de categoría, na que terán como rival ao Soutopenedo, segundo clasificado do Grupo 2º. O primeiro partido será no Miguel Ángel a próxima fin de semana e a volta no campo de O Corgo.

FICHA TÉCNICA

CD Barco B: Emanuel (José, m.46), Alejandro, Braian (Da Silva, m.56), Roangel, José Miguel, Joel, Juan José (David, m.62), De Sousa, Lorenzo (Bruno, m.69), Adrián e Lionys (Marmolejo, m.56).

Pabellón CF: Anxo, Rober, Luis, Pedro, Mejuto (Ignasi, m.86), Sergio, Rubén, Aldán (Guille, m.86), Madrigal (Miguel Ángel, m.69), Numan (Dani, m.69) e Noli.

Árbitro: Jimena Delgado Gómez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Alejandro (m.45) nos locais.

Goles: 1-0, m.10: Braian. 1-1, m.28: Rubén. 1-2, m.40: Aldán.