3-0 | Vitoria do Senior cun hattrick de Noli

DOMINGO 16/02/2025 (16:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 3 – CD TRIVES : 0 (3-0)
O Pabellón sumou tres novos puntos a costa do Trives para acumular tres vitorias consecutivas que lle permiten ocupar a segunda praza, en zona promoción, do Grupo 1º da Terceira Futgal con 33 puntos, dous menos que o líder Moreiras despois de dezasete xornadas.
Os de Toño Sanmartín tiveron un partido cómodo con múltiples ocasións de gol e con Anxo de mero espectador. Encarrilaron o partido con dous goles de Noli nun espazo de tres minutos dunha primeira metade na que os triveses perderían por lesión ao meta Brais.
Na segunda mantívose o monólogo local controlando o partido e no ecuador desta fase Noli completaría un hatrick anotando o terceiro, undécimo da súa conta particular.
O equipo terá dous fins de semana sen xornada e despois dos carnavais repetirá no Miguel Ángel ante o Covadonga. Este parón podería permitir a recuperación dalgún dos xogadores lesionados.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Anxo, Rober, Miguel Ángel, Pedro, Mejuto, Sergio, Luis, Guillermo (Ignasi, m.67), Noli (Dani, m.90), Aldán (Rubén, m.86) e Numan.
CD Trives: Brais (Yonder, m.20), Jorge, Luis Ángel, Jhosúa, Guillermo (Iván, m.69), Adan, Iago, Roberto (Mosquera, m.53), Aarón, Eric e Juan Miguel (Ismael, m.69).
Árbitro: Esteban González Alonso (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Adan (m.86) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.25: Noli. 2-0, m.28: Noli. 3-0, m.67: Noli.