2-0 | Custosa vitoria do Senior

DOMINGO 02/02/2025 (16:15) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 2 – CD BARRA DE MIÑO : 0 (0-0)
Vitoria máis custosa do previsto para o Senior diante dun Barra de Miño que vendeu cara a derrota no partido da decomoquinta xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal. O equipo é terceiro na táboa con 27 puntos ocupando posto de promoción.
Na primeira metade os visitantes mantiveron á raia a un cadro local impreciso e con pouca profundidade ofensiva. Nesta fase os visitantes estiveron máis metidos no partido e incluso na primeira media hora dispararon máis á portería, destacando un lanzamentpo de Óscar que Anxo desviou con apuros.
Dúas ocasións tiveron os branquiverdes no tramo final deste primeiro acto con sendos disparos de Pibe e Sergio para chegarse ao descanso despois dunha falta sobre o área local que orixinou un barullo que acabou sendo afastado.

Segundo tempo
No retorno de vestiarios o dominio pasou a ser maioritariamente dos pabellonistas, xerando ocasións sen concretar. Ata o minuto 68 non abrirían a lata os de Toño Sanmartín cun disparo de Diego despois dunha serie de rexeites no área rival.
Según pasaban os minutos o Barra de Miño comezaba a acusar o esforzo e o dominio acentuábase. A oportunidade de incrementar distancias chegaría nun penalti moi protestado polos visitantes. José Manuel desviou o lanzamento de Román.
Xa no desconto Aldán anotaría o segundo gol branquiverde nunha acción individual para batir ao meta por baixo. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Salamonde no campo de A Lamela.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Anxo, Rober, Luis (Miguel Ángel, m.46), Pedro, Mejuto, Diego, Sergio, Román, Numan (Aldán, m.78), Noli e Pibe.
CD Barra de Miño: José Manuel, Paolo, Albano, Alberto (Zaragoza, m.59), Aitor, Joel (Johnattan, m.80), Keysber (Lobelle, m.23), Óscar, Roberto, Darío e Brandon.
Árbitro: Lucas Alonso Ansa (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Mejuto (m.48) nos locais e a Paolo (m.69), Roberto (m.78) e Lobelle (m.78) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.68: Diego. 2-0, m.90+3: Aldán.