3-0 | Derrota do Senior no campo do líder

SÁBADO 25/01/2025 (16:15) Campo: A COSTEIRA (100)
CD MOREIRAS : 3 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
Derrota do Senior no partido que abría a segunda volta do no campo do líder dentro da decimocuarta xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal.
Despois dun primeiro tempo sen goles sobre un terreo de xogo bastante encharcado, o conxunto local anotaría os tres goles na segunda metade.
O primeiro deles aos dous minutos da reanudación sentaría como una xarro de auga fría nos branquiverdes, que viron como sete minutos despois o Moreiras ampliaba distancias co segundo. O terceiro, cerca do ecuador deste segundo acto, pecharía o partido.
Coa derrota o Pabellón queda a tres puntos (24) do líder (28). O revés do Amoeiro (23) en Salamonde beneficiou aos intereses branquiverdes e que pode sacar partida destes dous marcadores é o Atlético Trelle (23), que xoga este domingo no campo do Covadonga.
Na próxima xornada os de Toño Sanmartín reciben o domingo no Miguel Ángel (16 horas) no Miguel Ángel ao Barra de Miño.
FICHA TÉCNICA
CD Moreiras: Diego, Andrés, Juan, Rafael, Noel, Christopher (Joel, m.83), José Luis (Iván, m.83), Aitor, Senén (Vidal, m.80), Pablo (Julio, m.80) e Saúl (Carrasco, m.75).
Pabellón CF: Changui, Sergio, Rober, Luis (Mejuto, m.60), Pedro, Rubén (Miguel Ángel, m.62), Diego, Ignasi (Madrigal, m.46) (Iván, m.81), Numan, Noli e Pibe.
Árbitro: Zeus Gómez Míguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Senén (m. 78) nos locais.
Goles: 1-0, m,.47: Senén. 2-0, m.54: Saúl. 3-0, m.65: Senén.