1-0 | O Senior remata a primeira volta con vitoria

DOMINGO 19/01/2025 (16:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 1 – CD BARCO "B" : 0 (0-0)
Tres novos puntos para os branquiverdes no partido que pechaba a primeira volta do campionato e que correspondía á decimoterceira xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal. Os de Toño Sanmartín acaban a primeira parte da competición no segundo lugar da táboa clasificatoria en zona de promoción, con 24 puntos, a un do líder Moreiras, ao que visitará na próxima semana.
En canto ao partido, os pabellonistas tiveron que esperar á segunda metade para anotar o único gol que subiría ao marcador e que acabaría dándolle a vitoria, nun remate do dianteiro Pibe tras unha boa acción individual de Román.
Antes os locatarios non comezaran moi ben o choque pero pasado o ecuador do primeiro acto fixéronse co mando para crear catro ocasións moi claras en accións de Pibe, en tres oportunidades, e por medio de Noli neste caso cunha boa resposta do meta valdeorrés.

O segundo tempo foi de claro cor local. Ademáis do gol, con leve reacción visitante, houbo varias oportunidades branquiverdes en remates de Pibe, Noli e Sergio, pero a máis clara foi un disparo de Ignasi que petou no traveseiro. Ao final 1-0 para os locatarios.
Como dato destacable desta primeira parte do campionato, o equipo remata a pimeira volta con tan só 8 goles recibidos, sendo o que menos encaixa dos dous grupos. En seis partidos de once a portería branquiverde estivo a "0".
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Rober, Pedro, Rubén, Mejuto (Román, m.46), Diego, Sergio, Numan (Miguel Ángel, m.64), Madrigal (Ignasi, m.46), Noli e Pibe (Guille, m.82).
CD Barco "B": José (Emanuel, m.722), Alejandro, Roangel, Adan (Bruno, m.70), Miguel, Vila, Juan José, Joel (Braian, m.70), Richard (Adrián, m.56), Lionys e Carracedo..
Árbitro: Daniel Cabano Docasar (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Mejuto (m.44) nos locais.
Goles: 1.0, m.56: Pibe.