TERCEIRA FUTGAL

0-3 | Primeira derrota do Senior na casa

DOMINGO 15/12/2024 (16:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 0 – AMOEIRO CF : 3 (0-0)

O Pabellón coñeceu na tarde deste domingo a primeira derrota como local despois de tres vitorias noutras tantas confrontacións na undécima xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal, última do ano 2024.

Os de Toño Sanmartín non encaixaran gol algún no Miguel Ángel e neste partido recibiron tres por parte dun Amoeiro que estivo mellor e que aproveitou a súa maior envergadura física para apenas dar opcións ofensivas aos pabellonistas.

A primeira metade non deixou moitas oportunidades, tendo en conta que o primeiro disparo entre os tres paos de ambos equipos foi de Christian para os visitantes.

Posteriormente, nunha contra Román precipitouse cun disparo errático cando tiña máis metros para avanzar e incluso a Pibe como apoio para buscar o gol. Os primeiros corenta e cinco minutos fóronse con a balanza algo inclinada a favor dos conxunto forasteiro.

Senior-Amoeiro 3
Diego y Madrigal disputan un balón ante a presenza de Yorgenis (17) e Martín (15)

Segunda parte

No segundo tempo o partido estivo máis aberto, pero había máis perigo no área local que na visitante. Un despexe de Changui, que minutos antes había evitado o tanto do rival cunha gran intervención, quedouse corto e Vieira disparou pillando ao meta a contrapé para colocar o 0-1. 

Dez minutos máis tarde chegaría o segundo dos visitantes ao rematar Frank de cabeza no segundo pao un saque de esquina e xa co tempo case cumprido Adrián colocaría o terceiro no marcador tras tocar o suficiente unha falta lanzada den de un lateral.

Con esta derrota o equipo cae á cuarta praza da táboa clasificatoria con 18 puntos saíndo da zona de promoción e ata a fin de semana do 11 e 12 de xaneiro do 2025 non volverá a xogar para visitar ao Sporting Vilamarín. Prácticamente un mes que pode vir ben para recuperar efectivos dunha enfermería moi concurrida.

Os capitán de ambos equipos Sergio (Pabellón) e Bruno (Amoeiro) co árbitro Javier Carid
Os capitáns de ambos equipos Sergio (Pabellón) e Bruno (Amoeiro) co árbitro Javier Carid

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho (Changui, m.46), Aldán, Rubén, Rober, Mejuto (Dani, m.76), Román, Sergio, Diego, Madrigal (Pablo Ramos, m,57), Noli e Pibe.

Amoeiro CF: Bruno, Frank, Christian, Miguel, Andrés, Vieira (Javier, m.87), Alejandro, Palacios (Adrián, m.49), Roque, Martín (Iván, m.60) e Yorgenis (Asier, m.87).

Árbitro: Javier Carid Pérez (Comité Galego-Ourense).Amonestou a Mejuto (m.49), Pibe (m.54), Román (m.73) e Rober (m.84) nos locais.

Goles: 0-1, m.78: Vieira. 0-2, m.88: Frank. 0-3, m.90: Adrián.