1-5 | Vitoria solvente do Senior para ser colíder
DOMINGO 01/12/2024 (16:15) Campo: O LODAIRO (150)
CD CEA : 1 – PABELLÓN CF : 5 (1-3)
Triunfo con solvencia para os de Toño Sanmartín nun partido que se presumía máis igualado correspondente á décima xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal. O equipo alcanza os 18 puntos e sitúase colíder xunto ao Moreiras a partidos iguais.
Lamentar a lesión de Berni, cunha posible rotura de mandíbula. De confirmarse, o xogador tería que ser intervido cirurxicamente. Todo o noso ánimo para o xogador.
Os pabellonistas fabricaron a vitoria no Lodairo na primeira metade (1-3). Noli abriría o marcador aos dez minutos e despois da igualada local tres minutos máis tarde por medio de Edgar, Pibe anotaría un dobrete para dar unha vantaxe determinante.
No segundo tempo os branquiverdes manexaron ben o partido ante un rival que avanzou liñas. Un dobrete de Noli, para completar un hattrick, pecharía o marcador.
A próxima fin de semana non haberá competición, pero o venres 6 de decembro, Festividade da Constitución, afrontarán o partido da Copa Deputación contra o CD A Purísima no Miguel Ángel dos dezaseisavos de final.
FICHA TÉCNICA
CD Cea: Hugo, Iván, Fabio, Andrés, Edgar, Asier (Emilio, m.77), Aitor, David (Raúl, m.46), Gonzalo, Teo (Presas, m.59) e Miguel (Mateo, m.63).
Pabellón CF: Anxo (Nacho, m. (Guille, m.74)46), Rober, Berni (Madrigal, m.45), Rubén, Mejuto, Aldán, Sergio, Diego, Román (Numan, m.66), Noli e Pibe.
Árbitro: Diego Otero Varela (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Miguel (m.23), Fabio (m.38) e expulsou ao adestrador José Manuel Pérez por dobre cartón amarelo (m.39). Nos visitantes recibiron tarxeta Noli (m.23) e Pibe (m.45)
Goles: 0-1, m.10: Noli. 1-1, m.15: Edgar. 1-2, m.15: Pibe. 1-3, m.35: Pibe. 1-4, m.48: Noli. 1-5, m.73: Noli.