TERCEIRA FUTGAL

0-1 | Triunfo do Senior cun rival directo

DOMINGO 17/11/2024 (12:00)  Campo: A COSTOIRA (50)

ATLÉTICO TRELLE : 0 – PABELLÓN CF : 1 (0-1)

Vitoria importante do equipo que adestra Toño Sanmartín no partido da oitava xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal. O equipo é segundo na clasificación con 15 puntos, tres menos que lider Moreiras.

Un gol de Noli bordeando a media hora de xogo acabou sendo determinante para a vitoria dos branquiverdes diante dun rival directo na zona alta da táboa clasificatoria.

No primeiro tempo Changui evitou o gol local cunha boa intervención e na segunda os branquiverdes mantiveron a raia ao Atlético Trelle e incluso tiveron ocasión para incrementar a vantaxe á contra.

Lamentar as lesión de Numan e Mejuto na primeira parte, o que fai incrementar a presenza de efectivos na xa de por sí poboada enfermería pabellonista.

O descanso na próxima fin de semana servirá para recuperar algúns efectivos antes de visitar ao Cea no Lodairo dentro de quince días.

Noli fixo o gol da vitoria no campo de A Costoira
Noli fixo o gol da vitoria no campo de A Costoira

FICHA TÉCNICA

Atlético Trelle: Marcos, Pablo (Brais, m.72), David, Sequeiros (Anxo, m.85), Iker Paisán, Iker González (Enzo, m.65), Rodrigo (Diego, m.65), Juan Carlos, Martín. Mikel e Antón.

Pabellón CF: Changui, Aldán, Rober, Berni, Rubén, Sergio, Diego Román, Numan (Mejuto, m.24) (Pablo Ramos, m.46), Vilajuana, Numan e Noli.

Árbitro: Pablo Lamelas Belmonte (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Pablo (m.66) e Martín (m.90) nos locais e a Sergio (m.58) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.26: Noli.