COPA DEPUTACIÓN AFECCIONADOS

0-0 (4-1) | Alegría para o Senior nos penaltis

VENRES 1/11/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 0 (4) – ATLÉTICO VILARIÑO : 0 (1) (0-0)

O conxunto branquiverde deu a sorpresa ao eliminar da Copa Deputación a un rival de superior categoría na tanda de penaltis despois de que o tempo regulamentario rematase sen goles.

Despois dun partido marcado pola igualdade o veterán meta pabellonista Changui foi decisivo nos lanzamentos dende os once metros ao deter os dous primeiros lanzamentos de Enrique e Pedro do conxunto rival. Madrigal, Berni, Diego e Rober anotaron para os de Toño Sanmartín. Non fixo falta un quinto disparo.

Esta fin de semana non haberá competición na Terceira Futgal e será o 10 de novembro cando os branquiverdes reanuden o campionato no Grupo 1º recibindo ao Irixo no Miguel Ángel.

​



​
​ ​Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Bolaño (Vilariño) co árbitro Ero Rodríguez

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Changui, Rober, Berni, Rubén, Mejuto (Madrigal, m.68), Aldán, Sergio, Diego, Numan, Noli (Guille, m.77) e Pibe (Vilajuana, m.56).

Atlético Vilariño: Ángel, Borja, Juanjo, Noé, Jorge García (Jorge Martínez, m.65), Diego, Bolaño (Joshua, m52), Anxo (Pedro, m.65), Toubes, Daniel (Enrique, m.65) e Humberto.

Árbitro: Ero Rodríguez Grande (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Mejuto (m.51) e Diego (m.89) nos locais e a Diego (m.55) e Pedro (m.89) nos visitantes, que tamén sufriron a expulsión por dobre cartón amarelo de Joshua (m.79).