2-1 | O Senior cae tras remontar o Covadonga
SÁBADO 26/10/2024 (16:30) Campo: EIROÁS (125)
AD COVADONGA : 2 – PABELLÓN CF 1 : 0 (1-1)
Non puido sumar a domicilio o conxunto pabellonista no partido da sexta xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal celebrado na tarde deste sábado.
Os branquiverdes conseguiron adiantarse no marcador moi cedo (7´) cun tanto de Noli, pero antes do descanso os locatarios consegurían nivelar a balanza co tanto de Hugo.
Na segunda metade o partido foi moi trabado, con bastantes interrupcións e con moitas cartulinas amarelas e no medio de todo eso o Covadonga aproveitaría unha das oportunidades (70´) que tivo para anotar o 2-1 por medio de Daniel e que acabaría decantando o partido a favor dos seus.
A próxima fin de semana non haberá xornada de competición xa que o venres 1 de novembro, Día de todos Os Santos, deberá disputar a primeira eliminatoria da Copa Deputación contra o Atlético Vilariño no Miguel Ángel (12 horas).
FICHA TÉCNICA
AD Covadonga: Imanol, Lucas, Mauro, Adrián (Iker, m.70), Roberto, Jonathan, Cristian (Álvaro, m.60), Hugo, David (Kevin, m.75), Daniel e Santalices.
Pabellón CF: Anxo, Aldán, Rober, Rubén, Mejuto (Dani, m.76), Sergio, Diego, Vilajuana (Guille, m.70), Numan, Madrigal (Miguel Ángel, m.46) e Noli.
Árbitro: Ero Rodríguez Grande (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Hugo (m.60), Adrián (m.68), Lucas (m.75), Iker (m.78) e Roberto (m.90+2). Tamén expulsou con vermella directa a Iker (m.88) no Covadonga. Nos visitantes foron amonestados Rubén (m.44) e Noli (m.89). Foron expulsados o técnico pabellonista Toño Sanmartín (m.90+2) por dobre cartón amarelo e o delegado Arturo Baliño (m.88) con vermella directa.
Goles: 0-1, m.7: Noli. 1-1, m.37: Hugo. 2-1, m.70: Daniel.