TERCEIRA FUTGAL

2-0 | Novo triunfo do Senior para situarse colíder

DOMINGO 06/10/2024 (17:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 2 – SALAMONDE FC : 0 (1-0)

Tres vitorias en tres partidos para os branquiverdes despois do triunfo, para acumular 9 puntos, na tarde deste domingo na terceira xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal.

Os de Toño Sanmartín comparten a primeira posición co AtléticoTrelle e aínda non encaixaron gol algún en 270 minutos.

Na primeira metade os locatarios levaron a iniciativa imprimindo moito ritmo ao partido diante dun rival que sufría para conter ofensiva pabellonista.

Despois de varias ocasións para Numan e Pibe, nos últimos instantes chegaría o primeiro tanto obra de Pibe despois de resolver de forma maxistral un pase filtrado entre liñas. Era o xusto premio aos merecementos dos seus antes do descanso.

Pibe abriu o marcador para os pabellonistas nunha maxistral execución

Segundo tempo

O rertono de vestiarios deixounos un Salamonde máis incisivo pero sen chegar a ter ocasións claras, algo que sí tivo o cadro local nas botas de Numan, en dúas oportunides, Pibe e os xuvenís Roldanny e Borja, neste caso cun balón ao pao.

No medio de todas esas acción sí estivo acertado o tamén xuvenil Adrián, apenas entrado no campo, para anotar o segundo tanto dos branquiverdes e certificar a vitoria no Miguel Ángel. Na próxima xornada o Pabellón visita ao CD Trives no campo de O Agro.

Guile Barreiro debutou cos branquiverdes neste partido

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo (Changui, m.46), Rober, Berni, Rubén, Mejuto, Aldán, Sergio (Borja, m.69), Numan (Roldanny, m.77), Guille (Adrián, m.60), Noli e Pibe.

Salamonde FC: Mateo, Adrián  (Castro, m.65), Marcos, Iván, Vergara, Javier, Rivadulla (Yender, m.46), Daniel (Munín, m.60) (Reis, m.66), Roi, Borja e Óscar.

Árbitro: David Guzmán Falcón (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Rubén  (m.57) e Pibe (m.83) nos locais.

Goles:  1-0, m.40: Pibe. 2-0, m.60: Adrián.

Os capitáns de ambos equipos, Berni (Pabellón) e Iván (Salamonde), co colexiado do partido, David Guzmán