Segunda Galicia

1-1 | Un punto para o Senior co Vilariño

DOMINGO 14/01/2024 (16:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 1 – ATLÉTICO VILARIÑO : 1 (1-0)

Reparto de puntos no campo de Os Remedios no partido que pechaba a primeira volta na Segunda Galicia. Os de Toño Sanmartín, con baixas importantes, adiantaríanse no marcador cun gol olímpico de Madrigal antes de cumprirse o cuarto de hora dunha primeira metade de ida e volta e con esacas ocasións de perigo.

Na segunda metade os visitantes foron gañando terreo pasando a xogarse máis no campo dos branquiverdes. Traspasado os quince minutos empataría a escuadra foránea cun bo remate coa testa de José Ramón tras un centro dende a banda dereita. Esta tanto deulle moita emoción e intensidade á máis de media hora de xogo que restaba.

Madrigal anotou para os branquiverdes cun gol olímpico

O Atlético Vilariño orixinaba moito perigo nas accións a balón parado debido á maior envergadura física dos seus futbolistas.

Nese maior acoso visitante o Pabellón intentaba sorprender á contra e Guzmán tivo a oportunidade de marcar nun man a man co meta Pitu que evitaría o tanto.

Ao final non se movería máis o marcador e con este resultado o equipo que adestra Toño Sanmartín suma 21 puntos ocupando una das numerosas prazas de descenso ao final da primeira volta.

Na próxima xornada os franxiverdes afrontan unha difícil saía no inicio da segunda parte do campionato visitando nas Carrelas ao Viana, líder do Grupo 2º.

Sergio intenta un pase ante la presencia de tres contrarios

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, José, Berni, Rober, Iago (Marcos, m.75), Aldán, Sergio, Miguel Ángel, Iago Nieto (Cacha, m.48), Madrigal (Sandro, m.75) e Iván (Guzmán, m.70).

Atlético Vilariño: Pitu, José Ramón, Adrián Robleda, Hugo, Bolaño, Anxo, Javier (Martín, m.61), Jorge, Toubes, Gonzalo e Gabriel.

Árbitro: Uxía Boimorto Blanco (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Cacha (m.71; Marcos (m.82), Berni (m.83) e nos visitantes a Jasvier (m.59), Jorge (m.78) e Adrián Robleda (m.85)

Goles: 1-0, m.13: Madrigal. 1-1, m.61: José Ramón.

Os capitáns de ambos equipos coa colexiada