Segunda Galicia

O Senior cae ante a remontada do rival

Derrota do Pabellón nos Remedios (1-2) contra A Purísima nun partido do Grupo 2º da Segunda Galicia no que comezaron marcando os branquiverdes moi cedo, cun tanto de José nunha primeira metade escasa de oportunidades nunha e outra portería destacando unha para cada conxunto.

Unha pérda de balón nas inmediacións do area aproveitouna o equipo visitante para montar unha acción rapida que acabou co balón dentro da rede local un disparo de Enrique traspasada a media hora de xogo.

A portería local non pasou grandes apuros pero encaixou dous goles

Na reanudación os pabellonistas estiveron algo mellor e gozaron dunha gran ocasión nun remate coa testa de Sergio que saiu por encima do traveseiro. Mediado este segundo acto chegaría o segundo tanto rival obra de Rodrigo.

Posteriormente os de Toño Sanmartín buscaron afanosamente o empate e reclamarían dous penaltis que o colexiado non interpretaría como tales. Ao final os puntos foron para A Purísima. Na próxima xornada, última do ano 2023, o Pabellón visita ao Raio Alaricano.

Cacha loita por un balón rodeado de rivais

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Anxo (Nacho, m,46), Rober (Adan, m.58), Miguel Ángel, Luis, Mario, José, Sergio, Diego (Mael, m.75), Iván Iago Nieto, m.58), Cacha e Dani.

CD A Purísima (2): Daniel, Marcos, Raúl, Luis, Yelko, Rodrigo, Estévez (Hugo, m.84), Enrique (Rubén, m84), Ramón, Lois (Pablo, m.40) e Adrián (Cristian, m.58).

Árbitro: Marco Ricigliano Carballo (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Mario (m.53) nos locais e a Raúl (m.43) e Hugo (m.90) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.7: José. 1-1, m.35: Enrique. 1-2, m.65: Rodrigo.

Incidencias: Partido da décimo terceira xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido