O Senior dilapida dous goles de vantaxe e cae no desconto
O Pabellón perdeu no tempo de desconto (4-3) no campo do Antela "B" nun partido da Segunda Galicia-Grupo 2º, no que chegou a ter por dúas ocasións unha vantaxe de dous goles. Os branquiverdes viron cortada unha racha de cinco partidos consecutivos sen perder.
Ao descanso os de Toño Sanmartín mandaban no marcador (0-2) grazas aos tantos de Dani e Diego. No arranque da segunda os limiaos acortarían distancias cun gol de David. Seis minutos máis tarde Sergio volvía a ampliar a vantaxe para os branquiverdes anotando o terceiro.
Parecía que o partido estaba encarrilado pero na última media hora o Antela conseguiría darlle a volta ao enfrontamento coas dianas de Antón, Lamas e Edgar, os dous últimos incorporados dende o banquillo como homes de refresco.
O próximo mércores o Pabellón afronta a eliminatoria da Copa Deputación visitando ao Covadonga no campo de Eiroás.
FICHA TÉCNICA
Antela CF "B"(4): Roi (Jacobo, m.46), Cristian, Adrián, Carrasco (Xurxo, m.58), Germán (Lamas, m.65), David (Edgar, m.65), Lucas (Carreira, m.57), Javier, Borja, Antón e Carlos.
Pabellón CF (3): Nacho, José, Rober, Miguel Ángel (Mario, m.63), Luis, Sergio, Iago Nieto (Madrigal, m.73), Diego (Berni, m.73), Dani (Mael, m.58), Cacha e Iván.
Árbitro: Gabriel Márquez Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Antón (m.33), Xurxo (m.89) e Borja (m.89) nos locais, que tamén sufriron a expulsión do seu adestrador Ángel Prol (m.78). Nos visitantes viu cartón amarelo José (m.89).
Goles: 0-1, m.20: Dani. 0-2, m.30: Diego. 1-2, m.52: David. 1-3, m.58: Sergio. 2-3, m.66: Antón. 3-3, m.70: Lamas. 4-3, m.90+3: Edgar.
Incidencias: Partido da duodécima xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Fernández Carrera-A Moreira en Xinzo de Limia..