El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

Valioso empate in extremis do Senior cun penalti

Valioso empate do Pabellón (2-2) no campo do Córgomo, que afrontaba este partido como líder do Grupo 2º da Segunda Galicia e que con esta igualada cede o primeiro posto ao Viana, ao que visitará na próxima xornada.

Ao final do partido o adestrador pabellonista Toño Sanmartín explicaba que "comezamos moi ben, presionando a saída de balón deles e roubando cerca da súa área, co cal tivemos tres boas ocasións que non demos materializado, a máis clara un man a man de de Dani contra o porteiro".

Posteriormente, no ecuador do primeiro acto o técnico branquiverde indicaba que "eles lograron rebasar máis a nosa liña de presión e comezaron a manexar máis o balón pero se moito perigo. De feito ata o minuto trinta e oito non fixeron o primeiro tiro á portería. Pero no desconto nun saque dende o curruncho conseguiron adiantarse".

Segunda parte 

O arranque da reanudación foi prácticamente un calco da primeira e Toño Sanmartín explicaba que "nun roubo de balón Dani tivo unha gran oportunidade pero o seu disparo foise alto e a partir de ahí tivemos máis o balón e aos cinco minutos empatamos cun gol de Iago nun disparo dende lonxe".

A reacción non se fixo esperar e o Córgomo pasou á ofensiva e o técnico branquiverde sinalaba que "eles comezaron a apretar e nos pasamos polos peores momentos do partido e conseguiron adiantarse de novo cun disparo cruzado. Estivemos tocados uns minutos pero rápidamente voltamos a metelos na súa área con saques dende o curruncho e de banda ata que no tempo de desconto nunha desas accións Luis recibiu un cabezazo dun rival e o árbitro sinalou o penalti que transformaría Iago para empatar".

A xornada

O desenlace dos oito partidos reflicten un claro cor visitante xa que cinco equipos que actuaban a domicilio conseguiron gañar e soamente un, o Piñeria Seca, foi capaz de vencer como local. A maiores houbo un empate. 

A fin de semana deixounos 30 goles, 11 dos conxuntos anfitrios e 19 dos foráneos. Dous equipos non conseguiron anotar. Viana e Piñeira Seca, con 5 dianas cada un, foron os máis aplicados na xornada.

O equipo vianense é novo líder (21 puntos) e por detrás ten a Córgomo (20), en posto de promoción, e un pouco distanciados e igualados a Atlético Vilariño (16), A Purísima (16) e Raio Alaricano (16), o primeor deles en posición de promoción pola diferenza de goles.

Na zona ampla de descenso directo están situados: Pabellón, Taboadela, Trives, Vilar de Barrio, A Bola, Soutopenedo e Parada do Sil. Os máximos goleadores, con 6 tantos cada un son José Ángel Sotelo (PIñeira Seca) e Iván Pérez (Viana).

FICHA TÉCNICA

CD Córgomo (2): Pablo Conde, Jairo, Sylla, Manuel, Brais, Real, Rubén, Iván (Brando, m.63), Marcos (Pablo Vega, m.63), Thomas (Jorge, m.59) e Juan Luis (Anxo, m.85).

Pabellón CF (2): Nacho, Rober, Luis, Berni (José, m.15), Iago, Aldán, Cacha, Sergio, Iago Nieto (Iván, m.61), Diego e Dani.

Árbitro: Brais Rodríguez García (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aldán (m.45) e Iago (m.90) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.45: Rubén. 1-1, m.51: Iago. 2-1, m.67: Rubén. 2-2, m.90+4: Iago, pe penalti.

Incidencias: Partido da oitava xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo de Villoira no Barco de Valdeorras.

Valioso empate in extremis do Senior cun penalti