Triunfo do Senior para acumular tres xornadas sumando
Terceira xornada consecutiva sumando -7 puntos- para o Pabellón no Grupo 2º da Segunda Galicia despois de superar (2-0) ao Piñeira Seca no campo de Os Remedios.
O partido foi moi trabado e os dous goles foron na primeira metade. O primeiro nunha falta directa executada maxistralmente por Miguel Ángel e o segundo foi obra de Dani a poucos instantes do remate do primeiro acto.
Na segunda metade pese a que houbo oportunidades, o marcador non se movería e os tres puntos quedaron na casa, o que supón o segundo triunfo nos Remedios.
Na próxima xornada o equipo que adestra Toño Sanmartín visita ao Rocas, terceiro na táboa clasificatoria con 12 puntos.
A xornada
A sexta data do campionato deixou seis triunfos para os equipos locais e dous para os que actuaron como visitantes. Non houbo empates e anotáronse 27 goles.
A derrota do Rocas no campo do Raio Alaricano, deixa en solitario a Viana e Córgomo ao fronte da táboa cun pleno de triunfos para sumar 15 puntos.
As posicións de descenso afectan a Taboadela, Piñeira Seca, Antela "B", Vilar de Barrio, A Bola, Soutopenedo e Parada do Sil. O Pabellón sae desa zona despois de cinco xornadas nesas prazas fatídicas.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (2): Anxo (Nacho, m.46), Rober, Miguel Ángel, Diego, Iago, Aldán, Cacha, Sergio, Iván (José, m.80), Madrigal (Luis, m.57) e Dani (Mael, m.57).
Piñeira Seca FC (0): Íñigo, Javi, Pablo (Kevin, m.64), Luis, Eulogio, Carlos (Miguel, m.74), Xosé, Edu, Jaime, José Ángel (Celso, m.85) e Diego (Manuel, m.46).
Árbitro: Ismael Álvarez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Rober (m.63) e Diego (m.72) nos locais. Nos visitantes viron cartón amarelo Xosé (m.25), Carlos (m.43), Pablo (m.53), Edu (m.80) e o técnico José Francisco Bolaño (m.20).
Goles: 1-0, m.23: Miguel Ángel. 2-0, m.45: Dani.
Incidencias: Partido da quinta xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.