El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

O Senior deixouse dous puntos nos últimos minutos

O Pabellón sumou un punto (2-2) no campo de Vista Hermosa na súa visita ao Paderne dentro do Grupo 2º da Segunda Galicia, nun partido que os de Toño Sanmartín tiñan a favor a falta dun par de minutos para a finalización.

Na primeira metade as defensas impuxéronse e o marcador non se movería. Nada máis comezar a segunda metade os locais tomarían vantaxe no marcador cun tanto de Xoel despois de dúas boas paradas de Anxo. 

Dez minutos máis tarde, co Paderne en inferioridade numérica polo vermello a Paulo, chegaría a resposta dos pabellonistas cun espectacular tanto de Sergio cun disparo dende uns trinta metros e no último cuarto de hora novamente Sergio anotaría o 1-2 con outro chut dende fóra do área.

Posteriormente o cadro local puxo toda a carne no asador intentando, polo menos, rescatar un punto e pese á inferioridade numérica Soufian culminaría un saque de banda para anotar o definitivo empate cando o partido estaba a punto de concluir.

Na próxima xornada os branquiverdes reciben nos Remedios ao Piñiera Seca.

A xornada

O desenlace da cuarta data do grupo deixou dous triunfos locais, dous empates e catro vitorias forasteiras. Os oito partidos deixaron 25 goles.

O Viana, pola diferenza de goles, é o líder cos mesmos puntos (12) que Rocas e Córgomo. Os do Bolo ocupan a praza de ascenso directo e os dous seguintes as posicións de promoción.

Os postos de descenso afectan a Antela "B", Pabellón, Vilar de barrio, Taboadela, Trives, A Bola, Soutopenedo e Parada do Sil.

FICHA TÉCNICA

SD Paderne (2): Iago García, Diego, Luis Carlos (Daniel, m.79), José Manuel, Alberto (Marco, m.86), Soufian, Iago Blanco (Xoel, m.46), Pato (Rubén, m.59), Villarino, Paulo e Sanjurjo.

Pabellón CF (0): Anxo, Rober, Luis, Berni, Iago, Sergio, Aldán (José, m.88), Diego, Mael (Toubes, m.88), Madrigal (Cachaldora, m.58) e Iván (Iago Nieto, m.68).

Árbitro:  Hugo Alcázar (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iago Blanco (m.14), Pato (m.40), Sanjurjo (m.75), Alberto (m.85) e José Manuel (m.90) nos locatarios, que tamén sufriron a expulsión por vermello directo de Paulo (m.49). Nos visitantes foron amonestados Aldán (m.70), Cachaldora (m.80) e o técnico Toño Sanmartín (m.90). 

Goles: 1-0, m.45: Xoel. 1-1, m.55: Sergio. 1-2, m.76: Sergio. 2-2, m.89: Soufian.

Incidencias: Partido da cuarta xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo de Vista Hermosa en Paderne.

O Senior deixouse dous puntos nos últimos minutos