O Senior foi de menos a máis pero non puido sumar en Rozavales
A visita do Pabellón da Primeira Galicia ao campo de Rozavales resultou infructuosa ao encaixar unha derrota (2-1) contra o Monterrey, actual segundo clasificado do Grupo 4º..
O conxunto local foise con vantaxe de dous goles ao descanso con sendas dianas nos dez minutos finais do primeiro tempo en remates de Luis e Iván Fernández.
Na volta de vestiarios os branquiverdes sairon máis enchufados na búsqueda de un gol o máis rápido posible que os metese de cheo na confrontración. E así foi xa que aos dez minutos un bo disparo de Numan, que se colou pola escadra da meta rival, puxo o 2-1 no marcador.
Loita aberta
A partir de ahí a confrontación estivo aberta a todo. Os locatarios tratando de distanciarse máis para evitar agobios de última hora e os pabellonistas motivados para, cando menos, sumar un punto nun campo moi dfícil don ata a data ningún equipo puido puntuar. No tempo de desconto os branquiverdes estiveron a punto de ampatar pero un defensor evitou o gol sobre a liña de meta.
Despois desta derrota o equipo segue ubicado na zona de descenso a tan só un punto dos postos de permanencia. A vindeira fin de semana non haberá competición polos Carnavais. Será no seguinte cando o Maside viste o campo dos Remedios.
FICHA TÉCNICA
Monterrey CF (2): Torque, Djau, Teixeira, Sandro, Lolo (Moro, m.83), Sergio (Iván, m.89), Brais Pérez (Xurxo, m.68), Jaime, Iván Fernández (Pablo Pazos, m.68), Álex Boán e Luis.
Pabellón CF (1): Julián, Aldán (Berni, m.56), Rober, Carracedo, Joel (Cristian Blanco, m.66), Sergio, Pancho, Caseiro (Adrián, m.66), Numan (Antón, m.56), Saúl e Unai.
Árbitro: Sierra Fernández, asistido nas bandas por Mazac Blanco e Alcázar González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iván Gómez (m.90) nos locatarios e a Pancho (m.43) e Berni (m.83) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.34: Luis. 2-0, m.43: Iván Fernández. 2-1, m.55: Numan.
Incidencias: Partido da xornada vinte e dúas da Primeira Galicia-Grupo 4º- Campo de Rozavales en Monterrey.