O Senior xa ten novo adestrador para a próxima campaña
O club xa está a traballar de cara a próxima tempada na recta final da actual na que algúns equipos branquiverdes xa remataron as competicións. Un deles, o Senior, xa ten adestrador para a vindeira campaña.
Toño Sanmartín Vázquez, un exbranquiverde tanto como xogador como adestrador, será o novo técnico do equipo tras chegar a un acordo este luns ambas partes. Na seis últimas campañas estivo ao mando do Coles da Segunda Galicia.
O novo inquilino do equipo afeccionado pabellonista formouse como xogador no club e posteriormente pasou por Ponte -hoxe Ourense CF-, Lemos, Vista Alegre, Amoeiro e Polígono. Antes de recalar no equipo industrial retornou ao Pabellón, para posteriormente retirarse por unha lesión nun xeonllo.
Primeiros pasos nos banquillos
Os seus inicios como adestrador foron na base branquiverde e logo dirixiu a Chantada, Gomesende, Carballiño, Caldelao, Parada do Sil, A Merca e finalmente ao Coles na que foi a súa aventura máis longa nun banquillo.
Sanmartin Vázquez ten ante sí a oportunidade de sacar adiante un novo proxecto do club co equipo Senior, que non é outro que levalo novamente á Primeira Galicia e intentar dar o salto á Preferente. O seu primeiro paso será darlle forma á plantilla.
Xuvenil A
O club tamén está na búsqueda de adestrador para o primeiro equipo xuvenil que milita na Liga Nacional. David Carnero, Director Deportivo da entidade, non seguirá como técnico dos branquiverdes.
Este venres (19 horas) o equipo disputará a última xornada de competición recibindo nos Remedios a visita do Calasanz da Coruña.