Primeira Galicia

O Senior rescatou un punto tras neutralizar dous goles do Seixalbo

O Pabellón rescatou un punto, que puideron ser tres, no partido da Primeira Galicia-Grupo 4º contra o Seixalbo disputado no campo dos Remedios (2-2)

Despois de encaixar dous goles en apenas vinte e dous minutos por medio de Álex e Jota, os branquiverdes conseguirían igualar o choque antes do descanso cos tantos de Rafita "Kun", que debutaba como nova incorporación, e un tanto en propia meta despois dun saque dende o curruncho do xogador ecuatoriano.

Reseñar a lesión do lateral visitante David, axudante dun equipo prebenxamín branquiverde, aos quince minutos de xogo. Aproveitamos esta nova para desexarlle unha pronta recuperación.

Neses primeiros corenta e cinco minutos o partido foi de ida en volta aínda que o cadro visitante estivo más acertado na liña medular, con maior presenza física, o que lle permitiu pisar área en accións máis clara que os locatarios. Na segunda metade os locatarios tiveron a mellor ocasión cun balón ao traveseiro de Aldán.

Despois deste resultado e unidos outros, o equipo situouse como colista do grupo con 15 puntos e cunha táboa clasificatoria cun ramillete de oito equipos separados por catro puntos. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Santa Teresita no campo de Eiroás.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Cristian, Rober (Aldán, m.70), Juan Pablo, Álvaro, Marcos (Caseiro, m.81), Numan (Adrián, m.81), Sergio Nóvoa, Cacha (Pancho, m.46), Antón (Sergio Méndez, m.64),Carlos e Rafita "Kun". 

CD Seixalbo (2): Alberto, Álvaro, Sampedro, Pato, Pana, David (Rubén, m.15), Diego López, Pablo, Sanmiguel (Efrén, m.46), Jota e Álex Fernández (Toni Caballero, m.46).

Árbitro: González Rey, asistido nas bandas por Alonso Blanco e Ndiaye Thiam (Colexio Galego-Ourense). Amonestou a Marcos (m.36) e Pancho (m.80) nos locais, no que tamén foi amonestado o técnico David Valderas (m.50).

Goles: 0-1, m.9: Álex. 0-2, m.22: Jota. 1-2, m.31: Rafita "Kun". 2-2, m.40: Fernando (pp).

Incidencias: Partido da xornada dezanove da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.