Primeira Galicia

O Senior rozou o empate no campo do Peroxa

O Pabellón da Primera Galicia regresou de vacío da súa visita ao Peroxa no campo de O Marco nun partido no que tivo as súas opcións para haber sumado. Catro xornadas suma o equipo branquiverde sen gañar despois de sumar dous empates e dúas derrotas.

Na primera meta o cadro local levou completamente a iniciativa e chegou en varias ocasións ao área pabellonista. Nunha delas, consumidos vinte e seis minutos, un centro dende a banda dereita rematouno coa testa David para de un certero remate colocar o balón dentro da portería de Julián.

Nesta acción os de Luis Parada reclamaron posición antiregulamentaria que non existiuo. Dureante estes primeiros corenta e cinco minutos os branquiverdes soamente dispuxeron dunha ocasión nun remate de Caseiro.

Segundo tempo

No retorno de vestiarios o Pabellón tivo un bo comezo do segundo acto diante dun rival que non parecía o mesmo do primeiro tempo. Durante uns vinte minutos os de Luis Parada tiveron máis balón e crearon alunhas ocasións de gol que non fructificaron. Posteriormente, o cadro local volvería a facerse co mando do partido gozando de varias accións de relativo perigo.

Mentres, os pabellonistas volverían á carga e un disparo de Cristian foi cortado por un defensa cando o balón levaba camiño da rede, no que foi a mellor oportunidade para, al menos, haber sumado un punto.

Despois desta derrota o Pabellón suma 13 puntos e segue fóra dos postos de descenso. Na próxima xornada reciben ao Melias no campo de Os Remedios.

FICHA TÉCNICA

A Peroxa CF (1): Marcio, Adrián, Nogueiras (Bruno, m.55), Abel, Alejandro, Juanma (Sousa, m.66), Oliver (Álex Aparicio, m.66), Carlos, David, Marcos e Lucas (Maside, m.46).

Pabellón CF (0): Julián, Aldán, Berni, Álvaro, Iván (Pancho, m.64), Carid (Rober, m.76), Machaca, Cacha, Simón (Sergio, m.70), Carlos e Antón (Cristian, m.70).

Árbitro: González Rey, asistido nas bandas por Mazac Blanco e Guzmán Falcón (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Lucas (m.34) nos locais e a Álvaro (m.14), Cacha (m.44), Carid (m.56) e Berni (m.80) nos visitantes. Tamén viu cartón amarelo o técnico pabellonista Luis Parada (m.90) e foi expulsado por dobre cartón amarelo (m.38 e 39) o segundo adestrador Julio Casanova.

Gol: 1-0, m.26: David,

Incidencias: Partido de xornada quince da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo de O Marco na Peroxa.