miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

O Senior foi un vendaval no Amieiral

O Pabellón CF da Terceira Galicia rentabilizou moitísimo o seu dominio ao longo dos noventa minutos no campo do Amieiral contra unha UD Mugares colista do grupo (1-14). Permuy (8), Carlos Conde (3), Padín (2) e Caramés foron os autores dos tantos.

Partido de trámite para os de Charli Álvarez no campo do colista. O resultado ao descanso (1-7) xa falaba das diferencias no campo e clasificatorias entre ambos conxuntos. No segundo tempo chegarían outros sete tantos dos pabellonistas para redondear o marcador final. Reseñar os oito que fixo Álvaro Permuy, moi prolífico en ataque.

Tamén temos que destacar a deportividade e voluntariedade dun Mugares que todos os fins de semana acude a súa cita co calendario de competición a pesar de que aínda non conseguiu puntuar. Ficha técnica.

Os pabellonistas levan unha boa segunda volta con seis xornadas consecutivas sen perder que o manteñen na segunda praza da categoría, sendo nestes intres o conxunto máis realizador do grupo. Ver clasificación.

Na próxima xornada Os Remedios acolle unha interesante cita entre Pabellón e Cea, segundo contra cuarto clasificado.

O Senior foi un vendaval no Amieiral