O Senior entra en acción

O equipo Senior comezou os adestramentos na tarde deste martes para preparar a participación na Segunda Futgal Galicia despois de conseguir o ascenso ao final do pasado curso por vía promoción. Vinte e sete xogadores participaron na primeira sesión, algúns en periodo de proba.

Toño Sanmartín repetirá por terceira campaña consecutiva como adestrador do equipo, contando nesta ocasión ca axuda de Luis Miguel Mangana "Chicho", cun amplo historial como xogador branquiverde, no traballo físico. Arturo Baliño seguirá sendo o delegado.

Salamonde, Río Sil de Lugo, Melias e Sporting Carballiño serán algúns rivais nos partidos de adestramento da pretempada. O primeiro choque oficial será o 31 de agosto na Copa Deputación contra o Paderne en Vista Hermosa.