lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN DE AFECCIONADOS

O Pabellón CF estivo máis acertado nos penaltis

O Pabellón CF segue adiante na Copa Deputación de Afeccionados despois de eliminar na tanda de penaltis ao Antela CF. O tempo regulamentario rematou con empate (2-2). Os goles foron anotados polo xuvenil Juan Muiños e Óscar Vivián.

Posiblemente os pabellonistas foron os grandes protagonistas desta eliminatoria ao protagonizar a gran sorpresa deste novo formato da Copa Deputación de Afeccionados despois de apear a un conxunto de 1ª Autonómica como o Antela CF.

Os de Charli Álvarez presentáronse cun once inicial con cinco xogadores en idade xuvenil, catro deles de primeiro ano, e parecía que a veteranía e maior categoría dos limiaos sería suficiente para dobregar ao cadro local. Pero as cousas non foron así.

A mañá non foi moi boa para un Antela que aos oito minutos sufría a expulsión de Daniel Rivero, aínda que pese a ese condicionante tomaría vantaxe no marcador á media hora de xogo. A sete minutos do primeiro tempo os nosos perdía a Shuster por lesión, o que dificultaba algo máis as cousas para os de Charli Álvarez, chegándose ao descanso con ese parcial (0-1).

Na segunda metade os  nosos apretaron algo máis ata que a quince minutos para o final non chegaría o gol do empate anotado polo xuvenil Juan Muiños. Pouco durou a alegría no cadro local xa que un minuto despois o Antela colocaba o 1-2 e pouco máis tarde Adrián Carid recibía a segunda amonestación quedando os branquiverdes con dez homes.

Restaban doce minutos e o equipo non lle perdeu a cara ao partido e a dous para o final Óscar Vivián, recién entrado no terreo de xogo, anotaba o gol do empate (2-2). Incluso houbo unha gran ocasión no desconto para marcar pero non houbo fortuna no remate chegándose ao final con táboas e dando paso aos penaltis, nos que Pabellón anotaría catro e o Antela tres. Ao final gran alegría nos branquiverdes pola clasificación. Ver ficha técnica.

O Pabellón CF estivo máis acertado nos penaltis