El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

O Senior cedeu á superioridade do Allariz, que abriu o marcador no primeiro minuto

O Pabellón da Primeira Galicia caía diante do Allariz nun partido no que os hoxe locatarios no campo da Carabina en Loñoá, inauguraron o marcador no primeiro minuto nunha acción de Víctor Gallego.

Ao fio da media hora, despois dunha ocasión branquiverde nun disparo de Carracedo que desviou ben Arón, o mesmo xogador alaricán anotaría o segundo que encarrilaba totalmente o partido para os seus e co que se chegaría ao descanso.

Na volta de vestiarios os branquiverdes recibirían dúas estocadas en apenas nove minutos nos que encaixarían dúas novas dianas materializadas por Julen e Víctor Gallego, que completaba un hattrick. Cun carrusel de trocos en ambos equipos ata o final do partido soamente se rexistrou o tanto de Antón para os pabellonistas.

A derrota leva ao equipo aos postos de descenso do grupo. Na próxima xornada os de Luis Parada reciben o domingo nos Remedios ao CD Velle, que ocupa a sexta praza con 17 puntos.

FICHA TÉCNICA

CD Allariz (4): Arón, Xoel, Maxi (Damián, m.66), Eiró, Iker, Veloso (Aitor, m.60), Paco, Beto, Álvaro, Víctor Gallego (Conde, m.64) e Julen (Anxo, m.70).

Pabellón CF (1): Julián, Sergio, Miguel, Álvaro, Iván (Aldán, m.54), Carracedo, Cacha (Cristian, m.60), Langa (Martínez, m.60), Marcos (Simón, m.54), Pancho (Antón, m.54) y Numan.

Árbitro: Prendes Cacabelos, asistido nas bandas por Huttner Sánchez e Álvarez Maya (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Martínez (m.67) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.1: Víctor. 2-0, m.29: Víctor. 3-0, m.47: Julen. 4-0, m.54: Víctor. 4-1, m.80: Antón.

Incidencias: Partido da décima xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo de A Carabina en Loñoá ao estar en obras o Seixo-Luis Cid Carriega de Allariz.

O Senior cedeu á superioridade do Allariz, que abriu o marcador no...