Primeira Galicia

O Senior cedeu ante a superioridade do Celanova

O Pabellón da Primeira Galicia, no que debutou o limiao Joel Jardón, recibiu un contundente correctivo nos Remedios (2-6) diante dun Sporting Celanova que foi superior durante os noventa minutos.

Aínda que non se trataba dun partido da "liga pola permanencia" dos branquiverdes, a derrota foi dolorosa pola amplitude do marcador final.

Na primera metade os visitantes obtiveron unha renda de dous goles -Iván Codeso e Miguel Nieto- que puido ser maior xa que dispuxeron de ocasións para que fose así.

Neste periodo os pabellonistas, que aos trece minutos perderon por lesión a Marcos, apenas inquietaron a meta rival nun disparo de Mociño que o meta Dani Suizo desviou con apuros.

Segunda metade

No retorno de vestiarios despois do descanso, os celanovenses liquidaron o partido con dous goles nos primeiros sete minutos en remates de Dani Lamelas e Sanginés.

Un penalti transformado por Rafita "Kun" supuxo o primero tanto dos branquiverdes, pero a resposta do adversario foi contundente con dúas dianas máis de Iván Vázquez e Miguel Nieto. Nos últimos instantes Álvaro anotaría o segundo local para o defintivo 2-6.

Con este marcador adverso o Pabellón volve á zona de descenso con 18 puntos. Na próxima xornada visitan ao Monterrei no campo de Rozabales.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Cristian, Rober, Álvaro, Manu, Joel (Miguel Ángel, m.46), Cristian Blanco (Sergio, m.53), Cacha (Caseiro, m.53), Mociño, Marcos (Antón, m.13), Pancho e Rafita "Kun".

Sp. Celanova (6): Dani Suizo, Miguel Mociño, Dani Lamelas, Miguel Codeso, Iván Codeso, Miguel Nieto, Sanginés (Chema, m.62), Pepi (Dani, m.59), Iván Vázquez (Pablo Soto, m.60), Pulpi (Peque, m.59) e Lito (Diego Rivera, m.53).

Árbitro: Queija Domínguez, asistido en las bandas por Ferreira Oliveira e Losada Gutiérrez (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locatarios a Cacha (m.25), Cristina (m.58), Miguel Ángel (m.75) e Álvaro (m.82). Miguel Mociño (m.40) viu cartulina amarela nos visitantes.

Goles: 0-1, m.21: Iván Codeso. 0-2, m.27: Miguel Nieto. 0-3, m.50: Dani Lamelas. 0-4, m.52: Sanginés. 1-4, Rafita "Kun", de penalti. 1-5, m.60: Iván Vázquez. 1-6, m.66: Miguel Nieto. 2-6, m.87: Álvaro.

Incidencias: Partido da xornada vinteún da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.