El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN

O Senior cae na Copa e agora debe centrarse na competición ligueira

O Pabellón pechou a súa participación nesta edición da Copa Deputación ao caer nos Remedios diante do Sporting Carballiño. Un solitario gol de Camba no fatídico minuto trece, acabou decantando a eliminatoria para os visitantes. 

A verdade é que o marcador puido ser máis amplo por ambas partes, xa que na primeira metade o meta xuvenil Cristian, que hoxe ocupaba a portería local polo lesionado Julián, detivo unha pena máxima. A maiores os pabellonistas petaron dous balóns na madeira e os carballiñeses outros dous. 

No tempo de descontro Juan Pablo tivo o tanto do empate pero o seu remate foi desviado por Mateo cando xa se cantaba o gol nas bancadas. Ao final derrota branquiverde que o apea desta competición.

Os de Luis Parada e Julio Casanova deberán centrarse por completo na Liga, onde este domingo teñen  unha cita importantísima contra o Cartelle nos Remedios.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Cristian, Aldán (Sergio Méndez, m.72), Miguel Ángel, Berni, Juan Pablo, Langa (Antón, m57), Iago Outeiriño (Marcos, m.79), Mociño, Caseiro (Cristian, m.62), Pancho e Numan (Cachaldora, m.51).

Sporting Carballiño (1): Mateo, Javier, Mosquera (Jacobo, m.76), Ca,mba (Dilan, m.83), Óscar Manuel. Marcelo, Chivas (Martín Pérez, m.58), Adrián (Rubñen, m.67), Juanpe, Pablo (Iván, m.58) e Alejandro. 

Árbitro: González Castela, asistido nas bandas por Diéguez Nóvoa e Márquez Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Aldán (m.60), Iago Outeiriño (m.73) e Juan Pablo (m.79) nos locais, que tamén sufriron a expulsión de Miguel Ángel (m.90) con cartón vermello directo. Nos visitantes foron amonestados Adrián (m.55), Iván (m.81) e Alejandro (m.86).

Goles: 0-1, m.13: Camba.

Incidencias: Eliminatoria a partido único dos dezaseisavos de final da 42ª Copa Deputación de Fútbol Afeccionado. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

O Senior cae na Copa e agora debe centrarse na competición ligueira