O Senior avanza na Copa a costa do Covadonga
Paso adiante do Pabellón na 43ª Copa Deputación Senior despois de impoñerse a partido único (3-5) ao AD Covadonga no campo de Eiroás na eliminatoria de trintaedousavos de final.
Ao final da primeira metade os de Toño Sanmartín tiñan unha cómoda vantaxe de dous goles (1-3) grazas aos tantos de Dani, Sergio e Madrigal.
No arranque da segunda os locatarios acortaron distancias e pouco despois chegaría a igualada (3-3) devolvendo a máxima emoción á confrontación.
No treito final do enfrontamento Cacha volvía darlle vantaxe aos branquiverdes cun gol a tres minutos do final e o xuvenil Adan pecharía o marcador sobre a bocina cunha quinta diana.
Polos pabellonistas xogaron: Anxo, José, Miguel Ángel, Rober, Mario, Iván Bernárdez (Adan, m.73), Luis, Sergio, Cacha, Madrigal e Dani (Peke, m.46).