
Rubén García Taboada (Ourense, 1978), co título de adestrador UEFA Pro, seguirá unha trempada máis no club para alcanzar a oitava campaña, na que por segundo curso consecutivo estará a fronte do Cadete "A" que milita na División de Honra.
O técnico pabellonista volverá a ter ao seu lado a Antonio Dacosta (Ourense, 1958) como axudante, que cumprirá a súa segunda tempada nesta segunda etapa na entidade.