Roberto Abad chega como preparador físico
Roberto Abad González, Licenciado en Eduación Física polo INEF e coa máxima titulación como adestrador de fútbol, incopórase ao organigrama deportivo do club como preparador físico dos equipos xuvenís, con maior presenza no conxunto da Liga Nacional.
Abad conta cunha ampla experiencia deportiva despois de pasar por diferentes clubs da provincia, o último deles a UD Barbadás.
Os seus inicios no mundo futbolístico foron no Pabellón CF no ano 1996, durante tres campañas, como preparador físico do Xuvenil "A" na División de Honra como en Liga Nacional.
Tamén estivo no corpo técnico do conxunto Senior que na tempada 1998-1999 militaba na Primeira Galicia.