A escuadra de O Ribeiro gañou todos os partidos no Xestal
O Ribadavia Atlético, segundo clasificado do Grupo 1º, será o rival da primeira rolda da fase de ascenso á Primeira Galicia. O emparellamento será a partido único no campo de O Xestal o vindeiro domingo, donde gañaron todos os partidos na liga.
A sede da delegación en Ourense da Real Federación Galega de Fútbol acolleu este luns o sorteo das catro eliminatorias da fase de ascenso á Primera Galicia que se disputarán o próximo fin de semana a partido único no campo dos equipos que figuran en primero lugar.
Os catro equipos que accedan á semifinais enfrontaránse para optar ás dúas prazas de ascenso tamén a partido único no campo do conxunto que figure no primeiro lugar. No caso da eliminatoria co cadro do Ribeiro, o gañador terá como rival na cita definitiva ao vencedor do choque entre Rúa e Taboadela. Os empates resolveránse cunha prórroga e de persistir a igualada, decidirase o vencedor nos penaltis.
O Ribadavia Atlético foi segundo clasificado do Grupo 1º , a un punto do Seixalbo, que foi o campión. Os do Xestal gañaron 20 partidos, empataron 1 e perderon 5, nos que anotaron 75 goles e encaixaron 20. Como dato a destacar gañaron todos os partidos que disputaron na casa.
Bruno Villar é o seu máximo artilleiro con 14 dianas en outros tantos partidos. O seu porteiro é o expabellonista Pablo Pérez, que xogou nas diferenters categorías rexionais do club ata a División de Honra Xuvenil.