martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

COLABORADORES

A Rexión colaborará unha tempada máis co proxecto do Pabellón C.F.

O equipo xuvenil do Pabellón C.F. regresa esta tempada a elite da categoría e o 1 de novembro debutará na División de Honra. Os de Cándido Gómez son só a punta do iceberg nun proxecto totalmente renovado e que conta con 1.200 nenos facendo deporte.

A Rexión reforza unha tempada máis o seu apoio a un club que é referente no traballo de canteira e figurará na camiseta como patrocinador do equipo xuvenil e no pantalón dos equipos do Pabellón Promesas. Informará tanto o xornal como no suplemento +Deporte de todas as actividades do club presidido por Francisco Doforno. (información laregion.es)

A Rexión colaborará unha tempada máis co proxecto do Pabellón C.F.