El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Revés nunha mala mañá do Xuvenil A nos Remedios diante dun bo rival

O Pabellón viuse superado nos Remedios por un Pontevedra que foi de menos a máis na quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil. Na primeira metade os de David Carnero comezaron levando a iniciativa diuante dun rival exercendo presión la línea de elaboración pabellonista, o que dificultou a circulación de balón. 

As dúas primeiras oportunidades foron branquiverdes en accións de Carlos e Justino pero os granates avisarían nunha contra ben levada por Rozas que acabou detendo Bruno. No ecuador deste periodo un balón mal xestionado a escasos metros do borde da área local acabaría caendo a Sergio, que dun zapatazo fixo inúltil a estirada de Bruno colocando o 0-1.

Este tanto chegaría nunha fase no que os visitantes estaban máis cómodos no campo, anticipándose a todas as acciones dos branquiverdes e movendo ben o balón. Sen embargo, os de David Carnero atoparían o mellor antídoto para ese mal momento co empate obra de Carlos ao borde da media hora de xogo.

Con partido novo os pabellonistas pasan a dominar a situación aínda que sen levar perigo á porteria de Carlos. Antes de chegarse ao descanso unha nova contra pontevedresa estivo a punto de fructificar pero ao disparo de Ferchu replicou ben Bruno.

Segunda metade

As cousas torceríanse de novo aos cinco minutos da reanudación. Un centro dende a esquerda foi rematado no primeiro pao por Vila para adiantar de novo aos visitantes. O partido entra nuns minutos de ida e volta nos que os granates estiveron a piques de ampliar distancias nunha acción de Sergio na que Bruno estivo moi atento.

Nese ir e vir e con tres trocos ao mesmo tempo nos branquiverdes, os granates filtraron un balón entre a defensa local para Ferchu, que tras sortear a saída do meta ourensán anotaba o terceiro disputada unha hora de xogo.

Con media hora de xogo os de David Carnero o intentaron pero o rival estaba moi crecido polo marcador favorable e cun excelente traballo defensivo mantivo á raia aos locatarios, que encaixan a primeira derrota no campo dos Remedios. Na próxima xornada o Pabellón visita no campo de A Gándara ao Racing de Ferrol.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Bruno, Dámaso, Manu, Langa, Iago Outeiriño (Amills, m.75), Saúl (Unai, m.52), Esteban, Aarón (Machaca, m.52), Justino, Mauro (Fernando, m.52) e Carlos.

Pontevedra CF (3): Carlos, Adrián, Alexandre, Balea, Alonso, Sergio, Vila (David, m.75), Pablo, Rozas (Aridane, m.88), Ferchu e Raúl (Brais, m.88).

Árbitro: Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Diallo Diallo e Alonso Sánchez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aarón (m.35), Mauro (m.39), Esteban (m.54), Langa (m.58), Fernando (m.65) e Carlos (m.83) nos locais e a Ferchu (m.55) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.21: Sergio. 1-1, m.28: Carlos. 1-2, m.50: Vila. 1-3, m.60: Ferchu.

Incidencias: Partido da quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Revés nunha mala mañá do Xuvenil A nos Remedios diante dun bo rival