Fin de semana con presenza de equipos do club en catro torneos
Este domingo vaise celebrar a Fase Final do XII Torneo Conservas Calvo Alevín Fútbol 11 que organiza a Escola Luis Calvo Sanz de Carballo. O pasado 25 de maio Deportivo e Celta xogaron a final como campións dos seus respectivos grupos da primera fase, con triunfo dos herculinos nos penaltis despois de 2-2 final.
Os pabellonistas accederon á Fase Final despois de ocupar a segunda praza do Grupo Sur, no que soamente encaixaron unha derrota diante do Celta. O seu cruce será coa Escola Luis Calvo Sanz, que foi terceiro clasificado do Grupo Norte. A outra eliminatoria enfronta a Bertamiráns e Calasanz da Coruña.
Os dous partidos están marcados para as 11.30 horas nas Instalacións Deportivas das Eiroas. Os perdedores xogarán pola cuarta e quinta praza e os gañadores accederán á final. Todos os partidos terán unha duración de dous tempos de vinte e cinco minutos. En caso de empate haberá penaltis.
O vencedor terá como premio a participación na Fase Final do XVIII Torneo Fútbol-7 Alevín Concello de Carballo programado para o 18 e 19 de xuño próximo.
Abegondo-A Coruña
Abegondo (A Coruña) volverá converterse este domingo no foco do fútbol base nacional. A Hitachi Air Cup, unha competición de fútbol base organizada polo concello, o San Tirso SD e o RC Deportivo, regresa despois de dous anos. O campo do Monte, en Mabegondo, será o escenario da competición para un total de 16 equipos.
Neste evento participará o Alevín "A" que entrena Antonio Ensá. Celta, Lugo e Betanzos serán tres esixentes adversarios dentro do Grupo 2. VER GRUPOS E HORARIOS.
Sarria
O Estadio Municipal de A Ribela en Sarria acollerá todos os partidos do VII Memorial Canoa de alevís e benxamís. Na primera fase a duración dos partidos será de un só tempo de 20 minutos, nas semifinais terá dous tempos de 12 minutos e na final dúas partes de 15 minutos.
Na categoría alevín será o Pabellón "C" da 2ª Galicia que adestra Parrilla, quen tomará parte neste evento e terá como rivais no Grupo "C" a AD Bosco de Ourense, SD Sarriana "B" e SCD Milagrosa de Lugo. VER GRUPOS E HORARIOS.
A participación en benxamís será co Pabellón Promesas da 1ª Galicia que dirixe Tonino. SD Sarriana, SCD Milagrosa de Lugo e RC Celta serán os seus rivais no Grupo "C". VER GRUPOS E HORARIOS.
Os Carrís
Por outra banda este sábado celebrarase o VII Torneo Concello de Barbadás na categoría alevín coa participación de dous equipos do club.
O Pabellón Promesas que adestra Juantxo Ruiz terá como acompañantes a AD Bosco, EDC Verín e CDC Santa Teresita no Grupo "D". Mentres, o Pabellón "B" que dirixe Benito Cachaldora medirase a ED Barbadás "C", Cented Academy e UD Ourense no Grupo "C". VER GRUPOS E HORARIOS.