Fútbol Base - Torneos

Fin de semana con presenza de equipos do club en catro torneos

Diferentes equipos do club participarán nesta fin de semana en torneos previstos en Carballo, Barbadás, Sarria e Abegondo en categorías alevín  e benxamín.

Este domingo vaise celebrar a Fase Final do XII Torneo Conservas Calvo Alevín Fútbol 11 que organiza a Escola Luis Calvo Sanz de Carballo. O pasado 25 de maio Deportivo e Celta xogaron a final como campións dos seus respectivos grupos da primera fase, con triunfo dos herculinos nos penaltis despois de 2-2 final.

Os pabellonistas accederon á Fase Final despois de ocupar a segunda praza do Grupo Sur, no que soamente encaixaron unha derrota diante do Celta. O seu cruce será coa Escola Luis Calvo Sanz, que foi terceiro clasificado do Grupo Norte. A outra eliminatoria enfronta a Bertamiráns e Calasanz da Coruña.

Os dous partidos están marcados para as 11.30 horas nas Instalacións Deportivas das Eiroas. Os perdedores xogarán pola cuarta e quinta praza e os gañadores accederán á final. Todos os partidos terán unha duración de dous tempos de vinte e cinco minutos. En caso de empate haberá penaltis.

O vencedor terá como premio a participación na Fase Final do XVIII Torneo Fútbol-7 Alevín Concello de Carballo programado para o 18 e 19 de xuño próximo. 

O Pabellón CF Alevín estará no torneo de Carballo

Abegondo-A Coruña

Abegondo (A Coruña) volverá converterse este domingo no foco do fútbol base nacional. A Hitachi Air Cup, unha competición de fútbol base organizada polo concello, o San Tirso SD e o RC Deportivo, regresa despois de dous anos. O campo do Monte, en Mabegondo, será o escenario da competición para un total de 16 equipos.

Neste evento participará o Alevín "A" que entrena Antonio Ensá. Celta, Lugo e Betanzos serán tres esixentes adversarios dentro do Grupo 2. VER GRUPOS E HORARIOS.

O Pabellón CF Benxamín participará no evento de Abegondo

Sarria

O Estadio Municipal de A Ribela en Sarria acollerá todos os partidos do VII Memorial Canoa de alevís e benxamís. Na primera fase a duración dos partidos será de un só tempo de 20 minutos, nas semifinais terá dous tempos de 12 minutos e na final dúas partes de 15 minutos.

Na categoría alevín será o Pabellón "C" da 2ª Galicia que adestra Parrilla, quen tomará parte neste evento e terá como rivais no Grupo "C" a AD Bosco de Ourense, SD Sarriana "B" e SCD Milagrosa de Lugo. VER GRUPOS E HORARIOS.

A participación en benxamís será co Pabellón Promesas da 1ª Galicia que dirixe Tonino. SD Sarriana, SCD Milagrosa de Lugo e RC Celta serán os seus rivais no Grupo "C". VER GRUPOS E HORARIOS.

Alevín "C" e Benxamín Promesas viaxarán a Sarria

Os Carrís

Por outra banda este sábado celebrarase o VII Torneo Concello de Barbadás na categoría alevín coa participación  de dous equipos do club.

O Pabellón Promesas que adestra Juantxo Ruiz terá como acompañantes a AD Bosco, EDC Verín e CDC Santa Teresita no Grupo "D". Mentres, o Pabellón "B" que dirixe Benito Cachaldora medirase a ED Barbadás "C", Cented Academy e UD Ourense no Grupo "C". VER GRUPOS E HORARIOS.

Alevín Promesas e Alevín "B" estarán no torneo de Barbadás