El tiempo
domingo. 05.05.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

A vitoria do Senior escapouse cando o partido finalizaba despois de remontar

Non puido ser. Un gol nos últimos instantes do partido privou ao Pabellón de sumar a primeira vitoria da competición nun partido no que tivo o marcador en contra por dúas ocasións. Incluso na última xogada do choque tivo una gran ocasión para lavarse os tres puntos.

Na primeira metade o Santa Teresita estivo mellor durante a metade desta faise, máis solto e levando a iniciativa. Os branquiverdes estuvieron bastante imprecisos e esa situación permitiría que os visitantes tomasen vantaxe por primeira vez por medio de Maceiras (14´).

Na primera chegada con perigo á meta visitante Pancho (22´) conseguiría o empate cun remate cruzado que petou no pao para acabar dentro da rede. Esta situación deixou un resto de partido máis igualado e cando parecía que se chegaría ao descanso con táboas, unha extraña xogada (43´) significaría o segundo tanto para os de Eiroas. 

Un balón sacado polo meta Abel acabou perto do área branquiverde en despois de botar una volea de Oliveira acabaría dentro da portería de Julián, marchándose aos vestiarios co marcador cun 1-2.

Segundo tempo

Sentoulle ben o descanso ao conxunto de Luis Parada, que durante prácticamente media hora estivo moi ben, pasando a dominar a situación e levando perigo ao área rival. O técnico local colocou ao xuvenil Outeiriño más avanzado, algo que levou moitos problemas á defensa visitante.

O premio chegaría co empate do propio Outeiriño (m.63), algo que espoleou aos seus contra un Santa Teresita que parecía algo cansado. Nesa mellor fase local chegaría o tanto da remontada nunha boa acción de ataque iniciada por Outeiriño e culminada por Numan (m.72).

Restaban dezaoito minutos máis o desconto e o Santa Teresita lanzouse ao ataque na búsqueda do empate. Nun tramo final moi tenso e incluso brusco, o Pabellón trataba de defender a vantaxe no marcador e apuntillar nas contras e os de Eiroás, al menos, salvar un punto.

Nese toma e daca a insistencia dos amarelos con moitos balóns colgados ao área local, tanto en accións a balón parado como en centros laterais, acabaría dándolles o empate cando o partido finalizaba cun remate de espaldas de Iván (m.90) que acabou dentro da meta defendida por Julián, que nada puido facer ante a traxectoria do balón en globo. Ao final reparto de puntos entre dous equipos que tras tres partidos seguen sen gañar.

Na pròxima xornada o Pabellón visita ao Sporting Celanova no campo de San Rosendo. Dous equipos que teñen 2 puntos na táboa clasificatoria despois de dous empates.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (3): Julián, Aldán (Pablo Gil, m.82), Araújo, Álvaro (Rober, m.39), Iván, Gándara (Numan, m.46), Langa, Cachaldora, Outeiriño, Martín (Caseiro, m.79) e Pancho (Marcos, m.75).

CDC Santa Teresita (3): Abel, Moreno, Jacobo (Crespo, m.67), Brais, Chivi, Faría, Oliveira, Maceiras (Iván, m.75), Paulo, Roi (Brais Menéndez, m.46) e Iker (Pablo, m.66).

Árbitro: Sierra Fernández, asistido nas bandas por Mazac Blanco e Márquez Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Langa (m.32), Numan (m.61) e Pablo Gil (m.81) nos locais e a Pablo (m.77), Iván (m.90) e a o adestrador Joel Docampo (m.90) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.14: Maceiras. 1-1, m.22: Pancho. 1-2, m.43: Oliveira. 2-2, m.63: Outeiriño. 3-2, m.72: Numan. 3-3, m.90: Iván.

Incidencias: Partido da terceira xornada da Primeira Galicia. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

A vitoria do Senior escapouse cando o partido finalizaba despois de...