Os branquiverdes seguen colocados en posto de ascenso
Vitoria contundente por 5-2 do Pabellón diante do Alondras na cita da Liga Nacional Xuvenil nos Remedios nun partido no que os locatarios tiveron que remontar o gol de Goitia para os visitantes aos dez minutos de xogo. Nos primeiros corenta e cinco minutos os de David Carnero, sen estar moi ben, tiveron varias ocasións de gol para que o marcador fose diferente.
Antes do tanto dos cangueses, un remate de Langa coa testa saiu fóra despois de botar diante da portería rival saíndo por encima do traveseiro. Co marcador en contra un disparo de Saúl, o mellor do partido dos locatarios, petou no poste e instantes despois Carlos desperdiciaría un penalti cometido son o dianteiro limiao.
Xa cos branquiveredes pisando moito o área visitante, despois de dúas oportunidades de Fernando, chegaría a igualada. Un centro ao área rematouno Carlos, o balón petou nun defensa e o rexeite caiulle a Fernando para batir a Fran. Restaban apenas tres minutos para o descanso e coa igualada abriuse un partido novo.
Segundo tempo
O paso por vestiarios sentoulle moi ben ao Pabellón, moito más preciso e facendo moito dano polas bandas co entrada de Justino pola esquerda con Saúl pola dereita.
Nun espazo de case quince minutos xa tiña o partido moi encarrilado grazas a un dobrete de Carlos e outra diana de Fernando que puxeron o 4-1 no marcador. Con certa relaxación local chegaría o segundo do Alondras nas botas do recién incorporado Iker.
Na recta final do partido unha contra moi ben executada permitiu que Iago Outeiriño anotase o quinto dos branquiverdes e pechar definitivamente o partido. Nos últimos tres partidos o equipo anotou trece goles.
Fase clave
Despois deste triunfo, unido á derrota do Pontevedra, o Pabellón situouse a dous puntos dos granates, ambos nos dous postos de ascenso, e na próxima xornada haberá un duelo destacadísimo entre ambos conxuntos na cidade do Lérez.
O empate entre Val Miñor e Racing de Ferrol (0-0) deixa aos primeiros a dous puntos (39) e aos segundos a seis (35). No medio de ambos o Choco (38 puntos).
Os seguintes encontros marcarán o devenir dos branquiverdes na competición xa que despois de medirse aos pontevedreses, recibirán ao Racing de Ferrol e logo terán outra dúas saídas complicadas aos campos do Atlético Coruña Montañeros e Choco e no medio de ambas citas será o Bergantiños quen pase polos Remedios.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (5): Bruno, Mauro Sabucedo (Justino, m.46), Juan Pablo, Langa, Iago Outeiriño, Saúl, Esteban (Aarón, m.79), Dámaso, Sergio (Mociño, m.62), Fernando (Unai, m.62) e Carlos (Amills, m.62).
Alondras CF (2): Fran, Corrales, Riki, Adri (Xián, m.80), Freire, Goitia (Iago, m.68), Víctor, Pablo (Iker, m.62), Samu, Juanjo (Nico, m.80) e Ortube (Hugo, m.68).
Árbitro: Estévez Blanco, asistido nas bandas por Diallo Diallo e Blanco Alonso (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iago Outeiriño (m.75) nos locais e a Corrales (m.75) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.10: Goitia. 1-1, m.42: Fernando. 2-1, m.51: Carlos. 3-1, m.53: Fernando. 4-1, m.61: Carlos. 4-2, m.71: Iker. 5-2, m.84: Iago Outeiriño.
Incidencias: Partido da xornada vinte e unha da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense. O enfrontamento foi retransmitido en directo por la web do periódico La Región.