A Xunta Directiva do club programou para este xoves no campo Miguel Ángel-Os Remedios una serie de actos previos ao inminente peche da tempada.
Deportivamente, en canto á competición oficial, quedará finiquitada o próximo domingo coas finais das Copas Deputación no campo de O Corgo en Sotupenedo coa presenza de catro equipos branquiverdes.
Así, este xoves está programada unha foto, primeiro conxunta e despois individual, de todas as plantillas dos equipos Pabellón CF e Pabellón Promesas e tamén da Escola de Iniciación "José Luis López Iglesias". Tamén haberá reparto de medallas para diferentes equipos e para os alumnos da Escola.
Por outra parte, tamén está previsto o acto de entrega dos trofeos de campións das diferentes categorías por parte da Delegación en Ourense da RFGF, reprentada por Raúl Rois.
Todos os familiares que desexen asistir a esta xornada poden facelo accedendo as bancadas do campo Miguel Ángel-Os Remedios.