IV XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN E RECICLAXE ADESTRADORES

Recoñecemento ao traballo dos adestradores

Este luns tivo lugar a IV Xornada de Actualización e Reciclaxe para técnicos de fútbol organizada pola Real Federación Galega de Fútbol dende o seu Comité Galego de Adestradores.

O evento, celebrado no Auditorio Municipal de Ourense, contou cun destacado plantel de ponentes para os case 500 asistentes nas bancadas do recinto ourensán:

  • Andrés París: Pedagogo deportivo e adestrador de fútbol.
  • Óscar Garro: Director de fútbol base no Real Sporting de Gijón.
  • Aitor Karanka: Adestrador profesional ex do Real Madrid CF, Middlesbrough FC, Nottingham Forest, Birmingham City, Granada CF e Maccabi Tel Aviv FC.
  • Juan Ferrer "Rubí": Adestrador profesional ex do Girona CF, Levante UD, SD Huesca, Real Sporting de Gijón, Real Valladolid, UD Almería e Real Betis Balompié.

Estaba prevista a participación de José Luis Mendilibar, pero o seu recente fichaxe polo Olimpiacos de Grecia impediu a presenza do técnico vasco. 

No inicio do acto houbo un recoñecemento aos "Adestradores de Honra de Ourense" maiores de 65 anos pola súa aportación ao fútbol provincial.

Un deles foi Antonio Dacosta, actualmente no Cadete da División de Honra, acompañando a Rubén García, e sendo un exemplo para todos os xogadores do Pabellón pola súa traxectoria deportiva tanto de xogador como adestrador. 

Outro dos galardonaos foi Cándido Gómez, que dirixiu a equipos do club en diferentes etapas na entidade branquiverde.

Lembrar que ourensán afincado na Coruña Luis Rodríguez Vaz recibiu o Carné de Ouro do Comité Galego de Adestradores. Estivo no RC Deportivo durante 14 tempadas, ademais de dirixir a outros conxuntos galegos como a SD Compostela, Racing Club Ferrol, Endesa As Pontes ou CD Ourense.

O noso Director Deportivo e membro do Comité Galego de Adestradores, David Carnero, foi o encargado de entregar un agasallo da RFGF a Aitor Karanka.