Tres puntos para o Xuvenil A nun partido que resolveu na segunda metade
O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil conseguiu a vitoria (1-3) no difícil campo de As Gándaras diante dun rival que viña de arañar un punto en Abegondo ao Deportivo B na xornada inaugural.
A cita, como se preveía, foi moi intensa e a primeira metade desenvolveuse dentro da igualdade, aínda que os branquiverdes tiveron fases de máis posesión de balón cando conseguian enlazar as xogadas.
No segundo acto os pabellonistas tiraron de estratexia para adiantarse no marcador (58´) cun gol de Esteban. Non lle quedou máis remedio ao rival que dar un paso adiante que deixou máis espazos aos nosos e nese apartado os de David Carnero souberon manexarse ben e non desaproveitaron a ocasión para aumentar a vantaxe cun tanto de Carlos (71´).
Apretado final
Deste xeito o Valladares comezou a xogar de forma directa e nun centro chut (82´) Mario anota para os seus. Restaban oito minutos por diante disputados con moita tensión, os locatarios na búsqueda do empate e os ourensáns defendendo o resultado e tratando de matar o choque cunha terceira diana. Despois de varias ocasións, Esteban (88´) puxo o 1-3 defintivo.
Na próxima xornada o Pabellón recibe nos Remedios a visita do Xuventude de Oroso, outro equipo recén ascendido á categoría.
FICHA TÉCNICA
CVC Valladares (1): Martín, José (Raúl, m.72), Vila, Alexandre, Aarón (Javier, m.46), Gonzalo, Saúl (Brais, m.7), Pascual, David (Víctor, m.62), Mario e Diego (Telmo, m.62).
Pabellón CF (3): Bruno, Dámaso, Langa, Manu (Aarón, m.68), Iago Outeiriño (Unai, m.55), Saúl, Esteban, Sergio (Juan Pablo, m.68), Justino, Carlos (Machaca, m.74) e Mauro (Amills, m.55).
Árbitro: Quintairos Ríal, asistido nas bandas por Cerqueira Bastos e Gándara Corrales (Comité Galego-Vigo). Amonesto a Aarón (m.34) e Mario (m.77) nos locais e a Iago Outeiriño (m.16), Carlos (m.53), Amills (m.75) e Aarón (m.78) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.58: Esteban. 0-2, m.71: Carlos. 1-2, m.82: Mario. 1-3, m.88; Esteban.
Incidencias: Partido da segunda xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo de As Gándaras en Valladares.