Tres puntos e moito valor para o Xuvenil "A"
Necesitaba unha vitoria o Pabellón da Liga Nacional Xuvenil para elevar a moral despois de dúas derrotas consecutivas e moitas adversidades no entorno do equipo. E conseguiuna (2-3) na xornada festiva deste mércores no campo do Victoria da Coruña.
No era unha empresa fácil pese á condición de recén ascendido dos herculinos xa que o arranque dos "cebras" presentaba uns bos números cunha soa derrota en oito xornadas e ademáis anotando en todos os partidos.
Pero resulta que apenas transcurrida media hora de xogo, os de Iván Alonso xa tiñan unha suculenta vantaxe de tres goles anotador por Álex Riveiro, por partido dobre, e Samuel. Foron tres estocadas moi importantes para o futuro desenlace do partido. Co 0-3 que figuraba no marcador chegaríase ao descanso.
Segundo tempo
A segunda metade arrancou con catro trocos no equipo local, buscando un revulsivo para tratar de endeireitar un partido que estaba moi costa arriba. Os pabellonistas trataban de manexar o partido e sabedores da forte saída do Victoria na búsqueda dun gol o máis rápido posible que abrise unha vía de esperanza.
A prácticamente vinte minutos do final os coruñese foron fieis a súa capacidade ofensiva anotando en todos os partidos disputados, para acortar distancias cun tanto de Benito. Armado de paciencia os ourensáns defendían a renda de dous goles ao tempo que intentaban dar unha nova estocada para cerrar o partido.
Foron pasando os minutos con moito asedio dos locatarios e no último instante Carballeira subía ao marcador o 2-3 que resultaría definitivo xa que non houbo tempo para máis. Tres puntos para os branquiverdes que lle veñen moi ben.
O domingo (12 horas) haberá unha nova data do calendario na que o Pabellón recibirá a visita do Conxo Santiago no campo de Os Remedios.
A xornada
As adversidades climatolóxicas levaron ao aprazamento de dous partidos neste mércores festivo: Racing - Ural e Conxo Santiago - Pontevedra. Deste xeito nos sete partidos que se disputaron houbo 23 goles dos cales 16 foron dos equipos locales e 7 dos visitantes. Catro equipos non conseguiron anotar.
A única vitoria a domicilio foi a do Pabellón e a maiores rexistráronse tres empates e tres triunfos dos conxuntos que xogaban na súa casa. O Deportivo "B" (27 puntos) ampliou a súa diferenza como líder despois do empate do Celta "B" (20) co Coruxo "B" en Fragoselo.
Alondras (17) e Atlético Coruña Montañeros (16) ocupan as dúas prazas de ascenso co Conxo Santiago (15) por detrás cun partido menos. Lugo "B" e CD Boiro seguen nas dúas prazas de descenso directo, aos que acompañarían Coruxo "B" e Bergantiños arrastrados por Coruxo e Val Miñor dende a División de Honra.
FICHA TÉCNICA
Victoria CF (2): Xabier, Adrián (Darío, m.46), Jorge (Erick, m.46), Kike, Carballeira, Julíán (Pelayo, m.46), Hadrián, Xenxo (Daniel, m.71), Hidalgo, Benito e Álvaro (Azael, m.46).
Pabellón CF (3): Abraham, Mauro (Adrián, m.63), Bugallo (Tiago, m.46), Camilo, Simón, Miguel (Peke, m.84), Soriano, Machaca, Cougil (Ander, m.84), Álex Riveiro e Samuel (David, m.77).
Árbitro: Sergio Espasandín Cores, asistido nas bandas por Eric Vázquez e David Kumor (Comité Galego-A Coruña). Amonestaron a Carballeira (m.14), Jorge (m.28), Julián (m.46) e Daniel (m.90) e a Bugallo (m.16) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.17: Álex Riveiro. 0-2, m.22: Samuel. 0-3, m.31: Álex Riveiro. 1-3, m.69: Benito. 2-3, m.90: Carballeira.
Incidencias: Partido da novena xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.