Liga Nacional Xuvenil

Tres puntos máis para o Xuvenil A, con dous expulsados, coa vitoria no Morrazo

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil gañou a domicilio por segunda ocasión no inicio da tempada noutras tantas saídas, pero a un alto coste pola expulsión por dobre cartón de Sergio e a vermella directa a Carracedo.

Por cuarto choque consecutivo os de David Carnero volveron a ver potería, situándose como o segundo conxunto máis realizador do grupo con 11 dianas. Os pabellonistas ocupan praza de ascenso xunto ao Val Miñor.

Na primeira metade os branquiverdes foron mellores que o Alondras e por iso chegarían os dous goles anotados por Carlos. Á media hora de xogo xa tiñan esa suculenta vantaxe que incluso puido ser maior dadas as oportunidades que tiveron xerando moito perigo polas bandas.

Segundo tempo

Na segunda metade os locatarios melloraron e sairon moi enchufados. Necesitaban un gol para meterse no partido e tiveron unha ocasión que se foi fóra. Despois duns minutos de asedio dos cangueses, o partido volveu a equilibrarse logo dun reaxuste de liñas nos branquiverdes.

Pero a expulsión de Sergio, cando restaban algo máis de vinte e cinco minutos, o equipo deu un paso atrás buscando apuntillar nas contras. E nunha de elas Carlos elevou o balón por encima da saída do meta rival e o balón petou no longueiro.

Posteriormente, Bruno tivo que empregarse a fondo en dous disparos de xogadores locais. Os minutos foron pasando e no desconto chegaría o cartón vermello para Carracedo. Con dous homes menos ata o pitido final o equipo arropouse en xona defensiva para manter a portería a cero.

Na próxima xornada o Pabellón recibe a visita nos Remedios de o Pontevedra, conxunto que a pasada campaña estaba xunto aos branquiverdes na División de Honra.

FICHA TÉCNICA

Alondras CF (0): Fran, Riki, Miguel, Saml, Cadabón Pablo, m.77), Víctor, Martín, Hamza (Caamaño, m.54), Xián (Hugo, m.54), Ortube (Goitía, m.54) e Iago.

Pabellón CF (2): Bruno, Dámaso (Carracedo, m.60), Juan Pablo, Manu (Langa, m.46), Unai (Saúl, m.46), Justino (Machaca, m.82), Esteban, Sergio, Iago Outeirio, Carlos e Fernando (Aarón, m.52).

Árbitro: Juncal Moreira, asistido nas bandas por Doval Gil e Fernández Ave (Comité Galego-Pontevedra). Amonestou a Iago (m.36), Goitía (m.83) e Pablo (m.85) nos loctarios. Manu (m.3) viu cartulina nos visitantes, que tamén sufriron a expulsion de Sergio (m.57 e 64) por dobre amarela e Carracedo (m.90+2) con cartón vermello directo.

Goles: 0-1, m.8: Carlos. 0-2, m.29: Carlos.

Incidencias: Partido da cuarta xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo de O Morrazo en Cangas.