El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Venceu na Corga ao Vilar de Barrio

P2020116
Segunda vitoria consecutiva (1-3) do Pabellón CF no arranque da segunda volta da Terceira Galicia. Os de Charli Álvarez superaron no campo de A Corga ao CD Vilar de Barrio cos goles de Javi Pataco, Carlos Conde e Shuster.

Os nosos marcharíanse ao descanso cunha renda mínima (0-1) e o arraque da segunda parte deixaría dous goles nun espazo dun minuto. Pirmeiro empatarían os locatarios pero inmediatamente chegaría a resposta branquiverde para situarse de novo por diante, algo que resultou fundamental para frear a posible reacción do Vilar de Barrio.

Despois desa acción o partido entraría nunha fase na que os locatarios buscaban a igualada e os pabellonistas o gol que pechase o partido, algo que conseguirían a quince minutos do final e que lle permitiría afrontar a recta final do choque sen agobios. Ficha técnica.

Estes tres puntos serviron para que o equipo siga na segunda praza da categoría. Ver clasificación. O próximo domingo o Padrenda CF visitará o campo de Os Remedios.

Venceu na Corga ao Vilar de Barrio