El tiempo
jueves. 02.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Punto a última hora para o Xuvenil "A" no derbi

O prematuro derbi capitalino da Liga Nacional Xuvenil disputado no campo de Albán en Coles, resolveuse cun reparto de puntos (2-2).

Os branquiverdes adiantaríanse no marcador cun tanto de Cougil sobrepasada a media hora de xogo despois dunha fase de maior dominio local e con varias ocasións de perigo.

Dous minutos despois do tanto visitante os unionistas quedaría en inferioridade numérica pola expulsión de Adrián Pérez por dúas cartulinas amarelas nun espazo de catro minutos.

Sen embargo, o cadro local daríalle a volta ao partido en dúas accións a balón parado finalizadas por Diego e Roi para cehgarse ao descanso co 2-1.

Segunda metade

Na segunda metade os de Iván Alonso intentaron sacar rentabilidade á superioridade numñerica pero tiveron que esperar ao tempo de desconto para conseguir o empate por medio de Peke.

Antes de finalizar o partido os unionistas reclamararían un penalti que o colexiado non interpretou como tal. Ao final reparto de puntos nunha primeira xornada que deixou seis empates nos nove partidos disputados.

Na próxima xornada os nosos reciben nos Remedios ao Bergantiños, que ven de gañar ao Pontevedra (2-0) nas Eiroas.

FICHA TÉCNICA

UD Ourense (2): Xoel, Roi, Diego Álvarez, Álex Fernández, Álex Pérez, Adrián Pérez, André, Diego López (Iker, m.69), Hugo Viso (Isay, m.80), Joel (Bruno, m.59) e Mesfin. 

Pabellón CF (2): Raúl, Jorge, Cabano, Simón, Unai, Cougil, Soriano, Machaca (Ander, m.69), Mauro (Adrián, m.78), Álex Riveiro (Peke, m.52) e David.

Árbitro: Martín Pérez Quintas, asistido nas bandas por Hugo Álcázar e Zeus Gómez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a André (m.76) nos locatarios, que sufriron a expulsión de Adrián Pérez por dobre cartón amarelo (m.31 e 35). Nos visitantes foi amonestado Machaca (m.43).

Goles: 0-1, m.33: Cougil. 1-1, m.39: Diego. 2-1, m.44: Roi. 2-2, m.90+4: Peke.

Incidencias: Partido da primeira xornada de competición da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de Albán en Coles. 

Punto a última hora para o Xuvenil "A" no derbi